Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

02/12/20 | 17:42 | C. de Sanidade

O Sergas recibe a máxima distinción da Rede Global de Hospitais Verdes pola súa traxectoria en favor dunha Sanidade comprometida co medio ambiente

O departamento sanitario galego obtén dous premios de ouro, nas modalidades de resiliencia e liderado, polo amplo conxunto de iniciativas encamiñadas a lograr a máxima eficiencia, calidade e sustentabilidade do sistema sanitario en Galicia

02/12/20 | 12:35

Medio Ambiente licita por 157.000 euros o proxecto da nova planta de biorresiduos de Vilanova, que dará servizo a uns 25 concellos

A conselleira Ángeles Vázquez visitou hoxe o polígono vilanovés de Baión, onde se adquiriron sete parcelas de preto de 20.000 metros cadrados por 1,5 millóns
Subliña que a nova instalación xerará arredor de 30 empregos directos e indirectos e terá importantes beneficios para a economía local e de toda a comarca do Salnés

30/11/20 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achegou 273.000 euros ao concello de Abadín para mellorar accesos en seis parroquias e adquirir 67 contedores de residuos

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe o municipio para comprobar as actuacións financiadas pola Administración galega a través do Fondo de Compensación Ambiental

29/11/20 | 11:52

A Xunta acondiciona a ruta Camiño da Praia e pon en valor a rexeneración da zona do Monte do Vilar, no parque de Corrubedo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou o pasado mes de setembro ambas actuacións, cuxos traballos acaban de completarse

26/11/20 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de medio millón de euros a mellorar a xestión de residuos en 19 concellos lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se concederon achegas para habilitar puntos limpos móbiles ou fomentar a compostaxe, entre outras medidas

25/11/20 | 14:19

Galicia súmase á nova demanda de diálogo que as comunidades do norte do Río Douro reclaman ao Ministerio para abordar a situación do lobo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda envía unha carta á ministra Teresa Ribera, tamén asinada polos seus homólogos de Asturias, Cantabria e Castela e León, na que solicita un encontro para explicarlle de primeira man as razóns pola que se opoñen á inclusión do lobo no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especia (Lesrpe)

25/11/20 | 12:45

A Xunta financiará con case 100.000 euros a adquisición por parte do Concello de Val do Dubra de dous inmobles para rehabilitar

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde José Manuel Varela asinaron hoxe telematicamente dous convenios en virtude dos cales o departamento autonómico achegará esta contía con cargo ao Fondo de Cooperación para concellos de menos de 50.000 habitantes

25/11/20 | 12:12

A Xunta financiará a redacción do Plan especial de protección do casco histórico de Baños de Molgas e de Santa Eufemia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Baños de Molgas asinaron hoxe telematicamente dous convenios en virtude do cal o departamento autonómico achegará 50.000 euros con cargo ao Fondo de Cooperación para concellos de menos de 50.000 habitantes

24/11/20 | 11:36 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que o proxecto de Biomasa AP demostra que as rexións que queiran ser competitivas e garantir o seu futuro deben colaborar a través da investigación e a innovación

O vicepresidente económico, Francisco Conde, interveu no webinario de presentación de resultados deste proxecto transfronterizo no que participaron nove socios de Galicia e do Norte de Portugal e que contou cun investimento de 2,5M€