Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

08/02/22 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sete empresas optan á obra de acondicionamento do albergue de peregrinos de Ferrol

A cidade contará este ano co seu primeiro albergue de peregrinos no que o Goberno galego investirá 467.000 euros

08/02/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o novo local de axuda no fogar de Mondariz e o ecoparque do Rosal coas axudas para infraestruturas de uso público

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde Xosé Emilio Barros, supervisa a reforma do soto do consistorio de Mondariz para a súa conversión na instalación e vestiario do persoal do SAF, na que o Goberno galego investiu case 34.000 €

08/02/22 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao concello de San Amaro coa reforma e mellora do alumeado público

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as actuacións levadas a cabo no núcleo de San Amaro

A renovación dos cadros de mando, dos tramos de cableado e das tomas de terra e a instalación de luminarias LED máis eficientes contribuíron a un importante aforro enerxético
 

08/02/22 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto construtivo de mellora da seguridade viaria na estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga, que suporá un investimento de 970.000 euros

A actuación centrase na renovación de cinco interseccións no treito da PO-504 que transcorre entre o lugar do Vinquiño e o inicio da parroquia de San Tomé de Gondar, coa construción dunha glorieta no cruce co Camiño ao Santo

08/02/22 | 11:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Verea dun antigo treito da estrada OU-540, coincidente coa área recreativa da Capela da Ascensión

Transfírense un resto da marxe esquerda da antiga vía autonómica, de 123 metros, preto do tronco principal, que xa está acondicionado como área de descanso

08/02/22 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na construción da rede de camiños principais da parcelaria de Brandariz, en Vila de Cruces

O orzamento para a execución destes traballos ascende a 1,1 millóns de euros e o prazo para levar a cabo estas obras remata en xullo de 2023

07/02/22 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co concello de Leiro para mellorar o abastecemento de varios núcleos do municipio co fin de paliar os problemas de arsénico e asegurar a calidade da auga

A titular de Infraestrutura traslada o apoio da Xunta ao Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais, que se traducirá na redacción do proxecto construtivo para a mellora do abastecemento nos núcleos de Serantes, Sa e Paredes

07/02/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete a mellora de pistas interiores en Mougás, no concello de Oia, cun investimento de 52.000€

O delegado territorial, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta actuación, que consistíu no acondicionamento e a reposición do firme no Camiño do Cabezo e a vía de Fabas ao longo de máis de 4.500 m² de superficie

06/02/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Ourense

Intervirase na estrada LU-111, no municipio lucense de Rábade, e na OU-301, ao seu paso polos concellos ourensáns de Xinzo de Limia, Porqueira e Bande

05/02/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada LU-633 en Gonzar, no concello de Portomarín, no treito coincidente co Camiño Francés

A Consellería de Infraestruturas está a traballar na instalación dunha varanda que separa a senda existente da vía autonómica, no punto quilométrico 70+790