Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

15/12/20 | 14:49

A Xunta avanza no seu plan de acción específico para o control e xestión en Galicia da especie invasora herba da Pampa

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, abriu esta mañá o segundo seminario técnico do programa europeo ‘LIFE Stop Cortaderia’ sobre boas prácticas para o control desta especie exótica invasora no arco atlántico

15/12/20 | 12:31

Medio Ambiente concede un total de 125.000 euros a 15 entidades locais para atención e coidado de animais domésticos abandonados

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coa relación de subvencións outorgadas ao abeiro da convocatoria desta liña de axudas para o ano 2020

11/12/20 | 14:04

A conselleira de Medio Ambiente participa no Consello Consultivo de Política Ambiental

Ángeles Vázquez defende unha participación activa das comunidades, xa que son as encargadas da xestión dos instrumentos financeiros e as que deben impulsar as actuacións

11/12/20 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora en melloras ambientais e de infraestruturas levadas a cabo no concello de Frades

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe os traballos realizados este ano na cubrición e ampliación do parque de Ponte Carreira e o equipamento adquirido en conxunto con Mesía para os servizos municipais de protección do medio ambiente

10/12/20 | 18:44

Ángeles Vázquez defende que as medidas impulsadas pola Xunta e os seus resultados son a mellor mostra de que Galicia suma na solución ao problema global do cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que Galicia conta coa súa propia folla de ruta para mitigar os efectos do cambio climático, un modelo que ten despertado o interese do Principado de Asturias, administración coa que se colaborará na redacción da súa estratexia de acción climática

10/12/20 | 18:15

Medio Ambiente e Concello de Touro estudarán posibles vías de colaboración en materia de rehabilitación residencial

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Ignacio Codesido mantiveron unha reunión esta tarde para abordar varios asuntos de interese municipal en relación coa mellora de espazos de uso público e recreativo e proxectos medioambientais

09/12/20 | 13:17

Ángeles Vázquez resalta que coa futura Lei de residuos Galicia adiántase ao Estado para avanzar no modelo de economía circular

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abriu esta mañá o debate da totalidade do proxecto lexislativo no Parlamento defendendo a necesidade de renovar o actual marco normativo galego para adaptalo ás directrices comunitarias

08/12/20 | 11:33

O centro As Solanas Gutierrez Campos da Guarda acada o primeiro premio do concurso ‘Pilabot’ coa recollida de máis de 4.000 quilos de pilas

O Centro Rural Agrupado Amencer de Ribadavia acada por segundo ano o primeiro premio da categoría quilos de pilas por alumno cun ratio de recollida de case 87 Kg por alumno

06/12/20 | 10:12

Galicia avanza cara a neutralidade climática ao reducir máis de medio millón de toneladas de gases de efecto invernadoiro

A Consellería de Medio Ambiente vén de publicar o informe sobre as emisións GEI relativas ao ano 2018, período no que se rexistrou a emisión de 29,81 millóns de toneladas, case dous puntos menos que no ano anterior

05/12/20 | 11:00

Medio Ambiente concede unha axuda de 300.000 euros do Fondo de Cooperación para a adquisición da Casa Peralba no concello de Gondomar

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Gondomar veñen de asinar convenio polo cal a administración local accede a un préstamo sen xuros