Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

12/02/22 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra aos concellos galegos que poden solicitar preto de 1,1M€ en axudas para mellorar os servizos básicos nas aldeas modelo ou nas zonas de polígonos agroforestais

Esta nova liña de achegas da Consellería do Medio Rural persegue financiar actuacións como a mellora das redes de alumeado público, a pavimentación de vías municipais ou a dixitalización de núcleos rurais cos obxectivos de xerar emprego e fixar poboación

11/02/22 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a estación de autobuses intermodal de Vigo estará rematada a finais de marzo, pero non entrará en servizo ata que o Concello acabe os accesos, que se prevé en maio

Vázquez Mourelle explica que a terminal, cun investimento autonómico de 18M€, albergará 2 millóns de usuarios ao ano e 500 expedicións

11/02/22 | 14:16 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a contratación de 100 novos profesionais desde 2020 para desenvolver o Plan de saúde mental de Galicia poscovid

Salienta que o novo plan, que conta cun investimento de 83 millóns de euros entre 2020-2024, chegará ás 241 prazas neste período

11/02/22 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 350.000 € as obras da reforma da estación de autobuses de Cangas

Os traballos de modernización e impulso da intermodalidade que forman a terminal de autobuses e a marítima iniciaranse a finais de marzo para rematalos no verán

10/02/22 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza que as obras de ampliación do Ifevi estarán rematadas a finais de marzo, cun investimento autonómico de 7,3 M€

Francisco Menéndez remarca o esforzo da Xunta para ampliar o instituto feiral e favorecer Conxemar, e lembra que para avanzar e axilizar a súa execución se traballou no Nadal e tamén nas fins de semana

09/02/22 | 19:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a visión imprescindible da enxeñaría no deseño das infraestruturas da nova mobilidade, as estacións intermodais, como a que agarda a Coruña

Salienta que a Estratexia galega de mobilidade sostible na que traballa a Xunta aspira a ser unha ferramenta eficaz tanto no deseño das infraestruturas como na planificación axeitada dos servizos

09/02/22 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza que este mes axustará o horario do autobús de primeira hora da mañá entre Ferrol e A Coruña para atender as necesidades dos traballadores

Vázquez Mourelle explica que o autobús directo entre Ferrol e A Coruña sairá ás 06:30 horas, adiantando un pouco a saída, e pasará polo CHUAC para dar cobertura aos profesionais que entran a traballar na primeira quenda de mañá

09/02/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegación territorial da Xunta en Ourense completa as melloras de accesibilidade á sede administrativa da rúa da Habana, 79 coa instalación dunha plataforma elevadora vertical

O delegado territorial significou que con esta actuación, que supuxo un investimento 41.027,89 euros, mellórase a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida ou que comparezan con carriños de crianzas ao edificio

08/02/22 | 17:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destinou máis de 140.000 € á construción dunha nova ponte sobre o río Saramo en Quián

Esta actuación incluíuse dentro do Plan de Infraestruturas Rurais, unha das medidas da Administración galega para contribuír a asentar poboación nos concellos rurais da provincia da Coruña

08/02/22 | 15:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca este xoves a Oficina Técnica da Seca para coordinar o seguimento tras a declaración do estado de prealerta por seca na demarcación Galicia-Costa

A activación da prealerta permite intensificar o seguimento da situación, estando garantido o abastecemento de auga á poboación