Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

14/12/20 | 11:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita os 396 universitarios recoñecidos cos Premios Excelencia Académica por ser exemplo de esforzo e compromiso co traballo ben feito

O Goberno autonómico publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución destes galardóns, que premian o mellor expediente de cada un dos cursos de grao e que teñen unha dotación económica de 1.000 euros para cada estudante

12/12/20 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará unha nova Oferta de Emprego Público para contrarrestar os efectos da Lei Celáa sobre o corpo de profesores técnicos de FP

O conselleiro Román Rodríguez anunciou que se abrirán 240 prazas para permitir a incorporación de profesionais especialistas a un corpo que está previsto que desapareza na LOMLOE

11/12/20 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O investimento da Xunta en universidades no 2021 reforzarase cunha partida adicional de 10 M€ para innovación e dixitalización

Román Rodríguez salienta o compromiso do Goberno galego co labor das universidades para adaptarse ao covid, que se materializa na transferencia de case 14M€ en fondos

11/12/20 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta implantará o vindeiro mércores unha nova liña de autobús con paradas en San Mateo e no Val, en Narón, para facilitar os desprazamentos dos estudantes cara ao IES As Telleiras

A Consellería de Infraestruturas responde así á solicitude do Concello e dos pais dos alumnos coa fin de mellorar a comunicación destas áreas co centro educativo

10/12/20 | 19:57 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta a "normalidade" do inicio do curso nas escolas infantís de Galicia no actual contexto de pandemia

Remarcou que para o Goberno galego “a prioridade absoluta seguirá sendo garantir a máxima protección para a comunidade educativa”

10/12/20 | 18:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aumenta o espazo educativo no CPI O Toural coa creación de novas aulas e renova a carpintaría exterior para favorecer a ventilación fronte á covid-19

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, realiza unha visita a esta actuación, na que se invisten 63.000€ e que entra na súa fase final coa apertura e reemprazo de fiestras

09/12/20 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras do CPI Antonio Failde de Coles

Gabriel Alén, comprobou esta mañá o estado das obras da ampliación do comedor e da construción dun salón multiusos nas que a Xunta investiu máis de 96.000 euros para mellorar a prevención fronte á covid-19

08/12/20 | 11:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
07/12/20 | 11:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorpora 10 centros educativos ao programa 'Club de Ciencia'

Tomarán parte nesta iniciativa este curso un total de 117 centros educativos de toda Galicia

04/12/20 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Galicia fortalece o sistema científico incrementando ata os preto de 18M€ o investimento aos 8 centros de investigación acreditados das tres universidades galegas

Feijóo avanza que a Xunta está a traballar na marca CIGUS como selo identificativo dos centros de investigación galegos, que permita proxectar Galicia como referente no eido científico e investigador