Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

15/02/21 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/02/21 | 14:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor cos sectores produtivos galegos as posibilidades que achega a futura Lei de reactivación

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá un encontro en liña con representantes de Ceaga, dentro da rolda de reunións que está a ter cos clústeres galegos para avaliar as novidades que introduce o texto

13/02/21 | 13:16

A Xunta solicitará ao Goberno central a xestión dos terreos do dominio público marítimo terrestre para culminar o traspaso de competencias a Galicia en materia de ordenación do litoral

O Goberno galego quere facer una xestión de proximidade do territorio costeiro, tal e como xa se fai en Andalucía e Cataluña, co fin de simplificar trámites e evitar a duplicidade que provoca a existencia de dous niveis administrativos

12/02/21 | 13:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima aos concellos a conceder licenzas exprés para seguir atraendo investimentos á Comunidade

Salienta que a nova lei de reactivación económica terá como obxectivo fundamental a simplificación dos procesos administrativos para, garantindo a seguridade xurídica, mandar unha mensaxe de confianza aos inversores e de competitividade da nosa economía

10/02/21 | 10:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola colaboración público-privada para traballar conxuntamente nas oportunidades e retos da reactivación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou na presentación da publicación ‘Después de la pandemia. Reflexiones y desafíos para Galicia’, editada por Ieside, a necesidade de achegar respostas diferentes a cada un dos sectores segundo as súas necesidades

09/02/21 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa un plan formativo para mellorar a comercialización e a presenza dixital dos obradoiros artesáns

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia Pérez, participa hoxe no inicio do primeiro dos cursos, centrado nas diferentes canles da venda en liña

09/02/21 | 13:19 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que a Xunta impulsa unha economía máis sustentable que garante a reactivación a través da transformación ecolóxica e industrial

Aposta pola colaboración e o consenso para abordar a recuperación económica de Galicia e avanza que o seu departamento xa aprobou 28.000 solicitudes de apoio no marco do Plan de reactivación que suman 270M€

08/02/21 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinou en dous anos 346.000 euros a fomentar a creación e ampliación de cooperativas na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse con responsables da Asociación de Xóvenes Empresarios para explicar a nova convocatoria de achegas e impulsar un modelo “que achega maior cohesión social e territorial”

08/02/21 | 13:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de seguir traballando cos sectores máis afectados polo actual contexto para achegarlles liquidez

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nun encontro dixital sobre a política de crédito e préstamos da Administración autonómica