Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

16/04/21 | 17:31 | C. do Medio Rural
16/04/21 | 12:42 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria de Frexulfe, no concello lugués do Valadouro, coa entrega de case 300 títulos de propiedade

A Consellería investiu preto de 600.000 euros neste proceso, que abarca unha superficie de 120 hectáreas

15/04/21 | 13:41 | C. do Medio Rural

A partir do verán poderá atoparse xa no mercado produto amparado co selo de Artesanía Alimentaria de Galicia

Así o anunciou o responsable da Agacal, quen engadiu que este indicativo traerá vantaxes aos produtores, como a de dispor dun aval de garantía para as súas producións ou beneficiarse das campañas de promoción que faga a Xunta

14/04/21 | 12:35 | C. do Medio Rural

Galicia recibirá unha inxección de fondos ao PDR de 420 millóns de euros de gasto público total para executar ata o ano 2025

O importe incorporado procede da ampliación do prazo de execución do PDR Galicia e da incorporación dos fondos do Instrumento de Recuperación (EURI) destinados ao desenvolvemento rural

13/04/21 | 18:54 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha a próxima semana formación especializada en xestión empresarial para os gandeiros ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego

Destacou o sistema de estudo de custos de produción que permitirá reforzar a posición dos produtores coas industrias, a futura marca Leite de pastoreo e a operación entre a sociedade gandeira Leite Noso e o grupo chinés Oviganic

13/04/21 | 10:13 | C. do Medio Rural

A Xunta reparte 200.000 euros entre 10 asociacións de criadores para fomentar as razas autóctonas galegas

O DOG publica hoxe a resolución coas axudas concedidas ao abeiro da convocatoria de 2021 para modernizar o sector en materia de xenética, sanidade e produción animal, así como para garantir a rendibilidade das explotacións

10/04/21 | 09:06 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 30 de abril o prazo para que as pemes do sector primario e agroalimentario galego presenten iniciativas para facer fronte aos efectos da covid-19

Os directores xerais da Consellería do Medio Rural mantiveron diversos encontros esta semana para dar a coñecer a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos e, ante o interese amosado, decidiuse ampliar o prazo de solicitude

08/04/21 | 16:11 | C. do Medio Rural

A Xunta anima ás pequenas e medianas empresas do sector cárnico a presentar iniciativas que poidan optar a fondos europeos para facer fronte aos efectos da Covid-19

José Luis Cabarcos lembrou que a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos permanece aberta deica o vindeiro 16 de abril, e que axudará a definir as liñas de actuación no rural galego

08/04/21 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste case 39.000 euros na rehabilitación e reforma da praza de abastos de Ribadeo

Inés Santé destacou que as instalacións se benefician da convocatoria de Medio Rural que consignou o ano pasado máis de 1,7 millóns de euros para reformar ou rehabilitar os mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios

08/04/21 | 10:27 | C. do Medio Rural

A Xunta decreta dúas novas concentracións parcelarias en Outeiro de Rei que reorganizarán máis de 2000 hectáreas de superficie

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os dous decretos da Consellería do Medio Rural, dando comezo aos traballos de reestruturación nas zonas