Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

19/02/21 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/02/21 | 11:28 | C. de Economía e Industria

Galicia pecha 2020 exportando por cuarto ano consecutivo máis de 20.000 M€ e situándose como a quinta comunidade que máis vende ao exterior

O volume das exportacións da Comunidade supón un 8% do total de España, só superado por outras catro comunidades, e Galicia ascende ao liderado da cornixa cantábrica, superando ao País Vasco

18/02/21 | 22:29 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada a Teresa Ribera a necesidade dunha transición enerxética e ambiental xusta e ordenada que garanta a continuidade de 15.000 empregos de sectores clave para Galicia

“Galicia é unha Comunidade que quere seguir sendo verde, unha comunidade aliada cunha transición enerxética xusta”, di, incidindo na oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation nesta materia, cunha candidatura que agrupa oito proxectos principais, co obxectivo de mobilizar inicialmente máis de 3.300 millóns de euros e crear 30.000 empregos entre directos e indirectos

18/02/21 | 18:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa ás asociacións da área de Vigo das axudas do II Plan de Rescate dirixidas a autónomos e microempresas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o delegado en Pontevedra, Luis López, mantiveron hoxe un encontro telemático con preto dun centenar de colectivos aos que detallaron o contido e requisitos do novo plan

18/02/21 | 18:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a presenza das empresas galegas nos Estados Unidos cunha nova xornada e asesoramento en liña

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nun encontro dixital que contou con intervencións de representantes de entidades comerciais norteamericanas e de Abanca USA

18/02/21 | 16:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abordará mañá na Comisión Galega de Cooperación Local a colaboración coas policías locais para o cumprimento das medidas anticovid nos establecementos hostaleiros

Alfonso Rueda destaca que “máis alá do apoio económico, queremos que o sector teña un horizonte de estabilidade e seguridade”

18/02/21 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor traslada aos responsables de ATA Galicia as novidades do 2º Plan de Rescate que chegará a novos sectores e permitirá dedicar parte das axudas a abonar débedas tributarias

O delegado da Xunta mantivo unha reunión cos representantes da Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia (ATA) para informarlle que hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da liña xenérica de axudas -a dirixida a persoas traballadoras autónomas e microempresas- do 2º Plan de Rescate

18/02/21 | 10:27 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 2,25 M€ ás axudas para proxectos piloto, novos produtos, prácticas e tecnoloxías nos ámbitos agrario, agroalimentario e forestal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das achegas da Consellería do Medio Rural correspondente a 2021

16/02/21 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a Lei de reactivación catalogará como iniciativas empresariais prioritarias os proxectos de enerxía renovable vencellados ao autoconsumo industrial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá un encontro con representantes do Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) co obxectivo de escoitar as súas achegas e seguir definindo o modelo de transición ecolóxica da Comunidade