Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

11/12/20 | 12:45 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o carácter estratéxico do Corredor Atlántico e a conexión de Galicia con Portugal para a Eurorrexión

“Sería un grave erro para Galicia non incorporarse a un corredor ferroviario que posibilitaría seguir traballando en produtividade, en competitividade da nosa economía e tamén coa zona norte de Portugal”, subliña

10/12/20 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola profesionalización e a formación continua dos guías turísticos polo seu papel na imaxe da marca Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na Asamblea Xeral que CEFAPIT celebra hoxe e mañá en Santiago

10/12/20 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha o próximo ano un Plan de choque para o reforzo do sector turístico dotado con 35,7 millóns de euros

Incluirá medidas como o seguro coronavirus, iniciativas de incentivos ao consumo como o Bono Turístico e Elixe Galicia, e o apoio á creación de paquetes turísticos atractivos no contexto da pandemia

09/12/20 | 17:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia contará cun Plan de voluntariado centrado no Xacobeo 2021

Feijóo resalta que a Comunidade conta con 1.053 entidades de acción voluntaria rexistradas e 44.658 voluntarios que participan nas súas actividades

08/12/20 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A formación do programa camiño seguro permitirá implantar os plans de continxencia en toda a ruta Xacobea

Nesta primeira quincena de decembro celebraranse un total de seis seminarios online dos que se poderán beneficiar ata 600 persoas

07/12/20 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis 255.000 euros en axudas para a mellora das infraestruturas turísticas e de embelecemento do Camiño de Santiago na comarca da Coruña

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo financiou 12 proxectos para a posta en valor dos recursos turística desta comarca

05/12/20 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a accesibilidade ao embarcadoiro dos Chancís para facilitar a entrada ás embarcacións que percorren os canóns do Sil

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación deste proxecto que o Goberno galego apoia con máis de 194.000 euros co obxectivo de mellorar o confort dos turistas que se acheguen a desfrutar deste recurso turístico de gran interese paisaxístico

04/12/20 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo fomento da Ruta da Camelia para desestacionalizar a oferta turística

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe a inauguración dunha obra do escultor Cándido Pazos en Vedra sobre a camelia e o Camiño de Santiago

03/12/20 | 20:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Pontevedra acolle un seminario online para resolver as dúbidas e axilizar as solicitudes das axudas do Plan de Rescate da Xunta

Promovido por Turismo de Galicia en colaboración coa Consellería de Emprego e o IGAPE, a xornada enmárcase no conxunto dos webinars que se están a celebrar nas catro provincias