Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

30/12/20 | 16:06

Fernández-Tapias destacou o compromiso da Xunta co desenvolvemento e rehabilitación do Casco Vello Vigués

A representante autonómica afirma que o interese principal do ente público enfócase na recuperación para a veciñanza da fachada do Berbés

30/12/20 | 12:44

As obras de mellora da rúa da Fonte no núcleo de Castro no concello de Carballedo retomaranse ao comezo do novo ano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou esta actuación de reparación por un importe de máis de 60.000 euros

30/12/20 | 12:34

O Plan Básico Municipal de Riotorto avanza na súa redacción tras concluír o trámite ambiental

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicará no Diario Oficial de Galicia e na web da Consellería a Resolución pola que se determina non someter a información ambiental ordinaria este proxecto de ordenación

30/12/20 | 10:29

O Instituto Galego de Formación en acuicultura acolle ao lobo mariño cincento `Rube´ para a súa recuperación

A súa estadía nas instalacións do centro dependente da Consellería do Mar durará unhas semanas antes de ser embarcado para a súa liberación en alta mar

28/12/20 | 18:04

Medio Ambiente estudará a posibilidade de colaborar nunha actuación de posta en valor do río Mendo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal mantiveron unha reunión por videoconferencia para abordar os proxectos de interese para a entidade local

28/12/20 | 17:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 56.600 euros para mellorar a xestión de residuos no concello do Incio cun punto limpo móbil

O delegado territorial, Javier Arias, coñeceu o novo equipamento adquirido pola entidade local para levar ás diferentes parroquias o servizo de recollida selectiva de restos voluminosos e outro tipo de lixo

22/12/20 | 14:07

A Lei de ordenación do territorio entrará en vigor a comezos de 2021 para completar o marco normativo urbanístico e paisaxístico

O Parlamento galego aprobou esta mañá o proxecto lexislativo, que substitúe unha norma con 25 anos de vixencia por outra máis clara, útil e eficaz na súa aplicación

22/12/20 | 13:42

Aprobada a nova Lei de pesca continental que crea as escolas de río para garantir a remuda xeracional e unha actividade sostible

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que outros dous piares deste novo texto é impulsar o desenvolvemento turístico, económico e social e a ordenación das masas de auga para un aproveitamento equilibrado dos ríos

22/12/20 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a adquisición dun vehículo todoterreo para reforzar o equipamento do servizo de medio ambiente de Palas de Rei

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe na entrega deste vehículo que permitirá mellorar a calidade do servizo e garantir a protección do medio ambiente no munipio

22/12/20 | 11:44

A Xunta formaliza a compra de sete parcelas no polígono de Baión para construír a planta de biorresiduos de Sogama en Vilanova

A conselleira Ángeles Vázquez participou esta mañá na reunión do Consello de Administración de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), propietario do solo, durante a que se ratificou a operación de compra-venda de 20.000 metros cadrados