Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

07/01/21 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Pereiro de Aguiar na urbanización do entorno do CEIP Ben-Cho-Shey cunha axuda de preto de 32.000 euros

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o concello de Pereiro de Aguiar, onde indicou que as obras levadas a cabo son a través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, que nesta convocatoria conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros

06/01/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 213 centros e máis de 10.000 escolares participan no programa Clubs de Lectura neste curso 2020-21

Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe

05/01/21 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta distingue a 74 estudantes universitarios cos Premios Extraordinarios Fin de Carreira

O galardón, dotado con ata 3.500 euros por premiado, é un recoñecemento á súa excelente traxectoria académica

04/01/21 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a USC colaboran para seguir mellorando o confort térmico nas aulas cunha ventilación óptima fronte á covid-19

O espazo web ventilacion.usc.es ofrecerá aos centros que o desexen pautas de renovación do aire compatibles con situacións meteorolóxicas desfavorables

01/01/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
30/12/20 | 12:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por preto de 800.000 € a mellora das instalacións no IES de Curtis, no CEIP Primeiro de Marzo de Baiona e no IES Torrente Ballester de Pontevedra

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que terán un prazo de execución de dous meses

30/12/20 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por preto de 300.000 euros a mellora da cuberta do CEIP Mariñamansa, en Ourense

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que teñen un prazo de execución de tres meses

28/12/20 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa as obras de ampliación do IES Salvaterra de Miño no que a Xunta está a investir 587.000 euros

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, destaca que unha vez finalizada a intervención o alumnado do ciclo formativo de madeira, moble e cortiza poderá realizar as clases prácticas nas instalacións do propio centro

27/12/20 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece as boas prácticas en materia de educación inclusiva de oito centros educativos galegos

O galardón ten como obxectivo impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa

26/12/20 | 12:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 56 centros educativos incorpóranse ao programa 'Club de Letras' para fomentar as competencias lingüísticas

A temática principal deste curso xira en torno ao coidado persoal e a atención ás persoas en situación de vulneabilidade