Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

26/01/22 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía un mes a mostra antolóxica do pintor coruñés Alejandro González Pascual no Museo de Belas Artes ante a boa resposta do público

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, anunciou hoxe a prolongación ata finais de marzo, nun acto no que presentou o catálogo da exposición xunto aos escritores Xavier Seoane e Luís Rei, autores dos textos, a filla do artista, Blanca González Docampo, e a directora do centro, Ángeles Penas Truque

26/01/22 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A estrea de ‘Come and go’ na Coruña abre o plano semestral de coproducións do Centro Dramático Galego

A montaxe da compañía Helena Salgueiro represéntase este venres no Teatro Colón ás 20,00 horas

26/01/22 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
25/01/22 | 14:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a modernización do proxecto expositivo do Museo do Pobo Galego para poñer a Galicia ante si mesma e seguir promovendo a galeguidade aberta

Subliña o papel do Museo do Pobo Galego como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, que se potencia co Arquivo, co traballo do Departamento Educativo de Acción Cultural e cun gran afán investigador

25/01/22 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a segunda convocatoria do seu Hub audiovisual con 1,2 M€ en axudas de capital semente para produtoras que desenvolvan proxectos simultáneos

O DOG publica hoxe as bases desta liña de subvencións, pioneira a nivel estatal, dentro do programa extraordinario para impulsar a recuperación económica do sector en Galicia cun investimento sen precedentes de 9,6M€ ata 2023

24/01/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemorará o centenario de Luz Pozo Garza cunha gran exposición na Biblioteca de Galicia que recollerá varias pezas persoais da autora

O Goberno autonómico avanza na programación coa intención de completala con actividades culturais paralelas e algunha iniciativa do eido editorial

23/01/22 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza unha nova liña de apoio aos museos para impulsar a actualización e conservación dos fondos e mellorar a súa difusión

Convoca axudas a concellos e entidades privadas sen animo de lucro que sexan titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación

23/01/22 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
23/01/22 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incoará a declaración BIC do xacemento do Adro Vello nos vindeiros días

O conxunto sito ao bordo da praia do Carreiro, na parroquia de San Vicente, quedará inmediatamente protexido tras a publicación no Diario Oficial de Galicia

23/01/22 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego ofrece cada luns accións escénicas improvisadas arredor da súa nova produción ‘A Peste’

Nace o programa ‘ImproVersións’, dirixido por Antón Coucheiro, que terá lugar ata o 7 de marzo no Salón Teatro de Santiago para promocionar o espectáculo que vén de estrear o CDG