Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

05/05/21 | 17:35 | C. do Medio Rural

A segunda fase do Plan de Pastos recolle actuacións en 11 pasteiros da provincia de Lugo cun investimento de 732.000 € e labores en 172 hectáreas

Estes traballos complementan a prevención de incendios na que a Xunta vai investir este ano preto de 30 millóns de euros para actuar en 58.000 hectáreas e nuns 5.000 quilómetros de pistas e outras vías de comunicación de toda Galicia

04/05/21 | 18:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o crecemento dos produtos ecolóxicos de Galicia tras duplicarse os consumidores en cinco anos e reitera o apoio da Xunta na súa consolidación

O delegado territorial mantén unha reunión de traballo con representantes do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia para abordar as cuestións de futuro para o sector

03/05/21 | 18:01 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en valor 235 hectáreas de terreo en Pontevedra na segunda fase do Plan de pastos cun investimento de 1,4 M€

Para toda Galicia, esta segunda fase está dotada con 4 millóns de euros, que permitirán actuar en arredor de 744 hectáreas de 30 montes veciñais en 24 concellos

03/05/21 | 14:00 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas do Plan Leader cun orzamento de 13 millóns de euros para 2021 e 2022 co fin de dinamizar o agro galego a través dos 24 grupos de desenvolvemento rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural

03/05/21 | 10:25 | C. do Medio Rural
01/05/21 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta transferirá ao longo do mes de maio máis de 17 millóns de euros das axudas directas da PAC, aboando así o 100% das subvencións da convocatoria 2020

Galicia foi das primeiras comunidades autónomas que pagou anticipos das axudas da PAC no mes de outubro, por un montante de 38 millóns de euros

30/04/21 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu 2,2 millóns de euros na parcelaria de Maceda-Orois, no Concello de Melide, que hoxe se dá por rematada coa entrega dun millar de títulos de propiedade

Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie de algo máis de 1.000 hectáreas, duplicouse a superficie media das parcelas resultantes

29/04/21 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén preside a reunión do Comité Técnico Asesor de Reestruturación Parcelaria da provincia ourensá

Na actualidade hai en Ourense 22 zonas abertas cunha superficie total de case 16.000 ha e uns 12.500 propietarios, delas 15 están en fase de Acordo, polo que os donos das novas parcelas xa están facendo uso delas

28/04/21 | 11:13 | C. do Medio Rural

A Xunta rematará o vindeiro ano catro parcelarias en Cartelle que reorganizarán 4.000 hectáreas de 3.700 propietarios

Trátase dos procesos das zonas de Cartelle, Mundil, San Tomé e Vilar de Vacas, que suporán un investimento conxunto de preto de 14 millóns de euros

28/04/21 | 10:13 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 15 de maio o prazo para solicitar os máis de 205 millóns de euros convocados ao abeiro das axudas da PAC

Deste montante global, 170 millóns de euros correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 35 millóns coas medidas de desenvolvemento rural asimiladas ao Sistema Integrado de Xestión e Control