Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

14/06/22 | 14:26

A Xunta inviste 720.000 euros na rehabilitación de antigas casas de mestres para ofrecer en alugueiro en Cerdedo-Cotobade

Ángeles Vázquez salienta que neste momento o Goberno galego promove o remate e construción dun total de 512 vivendas de promoción pública cun investimento de 72,5 M€, principalmente nas grandes cidades galegas

14/06/22 | 12:34

Fernández-Tapias entrega dúas novas vivendas no casco vello e reclama ao concello que deixe de boicotear a rehabilitación do barrio

A presidenta do CCVV e delegada da Xunta en Vigo firmou ante notario a venda dos inmobles de San Francisco 15 e Poboadores 70

08/06/22 | 13:28

A Xunta destina 10 M€ a un novo fondo de cooperación para fomentar a adquisición e construción de vivendas por parte dos concellos

Ángeles Vázquez sinala que este fondo se suma ao posto en marcha en 2016 destinado a actuacións de rehabilitación en concellos de menos de 50.000 habitantes, que no pasado mes de marzo duplicou a súa dotación orzamentaria inicial ata chegar aos 20 M€

07/06/22 | 13:57

A Xunta adxudica cinco novas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro nos concellos de Allariz, Ourense, O Carballiño e Vilamarín

O delegado territorial da Xunta entregoulle as chaves aos arrendatarios da promoción situada na rúa Irmandade, nº 5

28/05/22 | 12:43

A Xunta abre o prazo para que os cidadáns poidan acceder a préstamos sen xuros para rehabilitar vivendas

Durante os 4 primeiros anos, o Goberno galego asumirá entre o 80% e o 100% dos xuros correspondentes en función dos ingresos económicos dos solicitantes

25/05/22 | 13:04

A Xunta e o concello de Mos analizan as alternativas para desenvolver vivendas protexidas no municipio

O Concello abrirá unha listaxe municipal na que poderán apuntarse as persoas que desexen solicitar este tipo de inmobles

23/05/22 | 15:13

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública na rúa Corporacións Municipais de Foz

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Administración autonómica xestiona neste concello 183 vivendas

23/05/22 | 12:20

A Xunta subliña que as novas axudas á rehabilitación enerxética en edificios e vivendas tamén se poden solicitar para segundas residencias

Ángeles Vázquez salienta que estas subvencións, cuxo prazo de solicitude se abriu hai unha semana, poden chegar a un máximo de 38.750 € e van dirixidas a actuar sobre envolventes e fachadas e cambiar equipos de calefacción e de auga quente

21/05/22 | 12:51

A Xunta invita aos concellos da zona do Salnés a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda

É o terceiro encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia de Pontevedra e terá lugar o vindeiro luns, 23 de maio, ás 10,30 h, no Real Club Náutico de Sanxenxo, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo