Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

12/07/22 | 15:29

A Xunta ultima a musealización da Galería que atravesa a Muralla na contorna da Porta do Bispo Odoario

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se están instalando as varandas, a iluminación e os paneis expositivos, e acondicionando a zona exterior das escavacións

06/07/22 | 12:50

Fernández-Tapias anuncia a autorización da Xunta ao Festival O Marisquiño para celebrar a súa proba de skate no aparcadoiro da Praia de Samil

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, valora as xestións realizadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para permitir que a competición poida celebrarse na contorna do areal vigués

02/07/22 | 12:46 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a súa experiencia na transferencia de coñecementos ao agro e na xestión do territorio rural no Congreso Internacional de asesoramento de Galicia

Técnicos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria coordinaron o obradoiro sobre os procesos de intercambio e transferencia do coñecemento ao sector rural a través da extensión

29/06/22 | 17:18

A Xunta explica á veciñanza de San Fiz de Asma, en Chantada, os beneficios que suporá o Plan Territorial Especial

Este documento ten por obxecto establecer a ordenación integrada deste ámbito en razón das súas especiais características naturais, ecolóxicas e paisaxísticas, que compatibilice a súa protección coa explotación máis racional dos recursos

24/06/22 | 12:40
23/06/22 | 15:09
07/06/22 | 15:30

A Xunta adxudica máis de 108.000 m2 na Plisan a dúas empresas, a maior adxudicación ata agora neste parque

Lonza Biologics Porriño asentarase en 4 parcelas con máis de 101.000 m2 de superficie mentres que Plataforma Logística Plisan, S.L. ocupará 1 de 6.644,87 m2

30/05/22 | 13:23

A Xunta aproba inicialmente o Plan territorial especial da parroquia de San Fiz de Asma para preservar e ordenar unha das paisaxes singulares da Ribeira Sacra

O documento sométese desde hoxe e durante o prazo dun mes a un período de información pública e de forma paralela, iranse solicitando os informes sectoriais

30/05/22 | 11:19

A Xunta e o Concello de Frades investirán máis de 156.000 € en humanizar a contorna dos núcleos municipais de Papucín e Fonte Santaia

A intervención centrarase nas vías que conducen aos centros de ambas parroquias, onde se habilitarán sendas peonís, se introducirán canalizacións para a auga e o alumeado, e se colocará unha estrutura para cubrir os contedores de lixo existentes