Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Medio ambiente:

24/08/22 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora na celebración da IV edición ‘Arousa Inspira’ a través do programa iniciativa Xove

O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a resolución da última convocato-ria de axudas do programa Iniciativa Xove que permite ofrecer recursos económicos á xuventude para facer realidade os seu proxectos

20/08/22 | 10:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre unha enquisa en liña para coñecer as inquedanzas da xuventude galega e promover novas accións para a mocidade

Forma parte da fase de elaboración do ‘Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2022-2027’, que tamén escoitará á xente nova da nosa comunidade a través de foros de debate presenciais

18/08/22 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita os mozos e mozas que participan no campo de voluntariado de Esgos

Gabriel Alén quixo coñecer de preto as actividades que están a desenvolver os 12 mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, no eido etnográfico

18/08/22 | 10:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cambia as carpinterías do centro xuvenil Lug II para mellorar a eficiencia enerxética e o confort

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se destinaron 96.000 euros a renovar máis de dous terzos das 101 ventás coas que conta

14/08/22 | 14:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre un museo dixital para difundir e promocionar os proxectos premiados no certame ‘Xuventude crea’ e o talento dos seus creadores

A plataforma reúne as creacións dos gañadores deste programa do Goberno galego, que premia a creatividade e o enxeño da mocidade en diferentes categorías
 

13/08/22 | 14:29 | C. de Política Social e Igualdade

O programa Quérote+ da Xunta impartiu formación sobre relacións afectivas, imaxe corporal ou redes sociais a máis de 10.000 mozos en institutos de Galicia

 Trátase dun servizo de asesoramento para a mocidade posto en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude que promociona hábitos saudables en varios ámbitos
 

11/08/22 | 15:17 | C. de Política Social e Igualdade

O campo de voluntariado ‘Centinelas do mar’ da Xunta impulsa o uso de drons para limpar o litoral galego

Os mozos, de entre 18 e 30 anos, recoñecerán a zona mediante drons para logo achegar-se por mar a recoller os residuos

11/08/22 | 11:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura lanza ‘Olladas máxicas no Gaiás’, un campamento urbano para favorecer a conciliación das familias antes da volta ás aulas

Trátase dunha actividade pensada para fomentar os valores de solidariedade, igualdade e corresponsabilidade a través da arte, a maxia, a música e o deporte

10/08/22 | 16:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove un campo de voluntariado en Cíes durante todo o verán para colaborar na conservación das illas

Esta é a terceira quenda das catro que se desenvolven ao longo de xullo e agosto

09/08/22 | 17:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove un campo de voluntariado na Illa de San Simón con actividades culturais, patrimoniais e medioambientais

Durante case dúas semanas 14 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos realizan talleres, estudos das especies autóctonas e proxectos das propias instalacións