Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Formación:

05/04/22 | 13:39 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e a Fegamp concretan o plan de traballo 2022-2023 para avanzar na mellora da cobertura móbil nos 65 concellos adheridos ao programa

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fegamp mantiveron hoxe unha xuntanza na que abordaron os seguintes pasos previstos como a posta a disposición, por parte dos municipios implicados, dos terreos nos que se situarán as infraestruturas de telecomunicación

02/04/22 | 11:45 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia renova a súa presenza na Xunta Directiva da Asociación estatal Somos Digital asumindo a Secretaría da organización

A XIV Asemblea da entidade, celebrada onte en Madrid, renovou o seu equipo executivo, no que a Amtega reforza a súa colaboración

30/03/22 | 12:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Galaxy-Lab contribuirá a que a Cidade das TIC sexa un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou as instalacións que albergarán esta infraestrutura da Cidade das TIC

27/03/22 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorporará o próximo curso 75 novos centros a E-Dixgal, o maior programa de educación dixital

Xa son case 550 os centros participantes nesta iniciativa, que permite ao alumnado galego estudar con libro dixital seis cursos consecutivos

27/03/22 | 11:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica porá en marcha en abril un ciclo de webinars sobre novas tendencias dixitais para profesionais

Esta iniciativa agrupa baixo a denominación TranformaTech Sessions ata 37 webinars nas categorías de Talento Xove e Profesional

25/03/22 | 14:01 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica sinala que a atracción de talento dixital e a ciberseguridade son liñas de actuación prioritarias para o desenvolvemento dixital

Participou hoxe no I Encontro Ágora, no que sinalou que nun contexto no que Europa quere desenvolver a súa soberanía dixital, Galicia debe reforzar as súas capacidades tecnolóxicas para impulsar o desenvolvemento industrial

23/03/22 | 11:22 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

Desde mañá e ata o 9 de maio de 2022 poden realizar a súa solicitude empresas e autónomos que non dispoñan de acceso a internet de cando menos 30 Mbps

17/03/22 | 18:31 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia coordina as celebracións do Día de Internet en España, adicado á inclusión e capacitación dixital das persoas maiores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia interveu hoxe na lectura dun manifesto en representación da Asociación Somos digital, da que forma parte.

14/03/22 | 11:33 | C. de Economía e Industria

Conde avalía co novo director do Cesga os novos retos no marco do Polo de Tecnoloxías Cuánticas

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co responsable do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Lois Orosa, que vén de asumir o cargo

12/03/22 | 10:50 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 9 e 10 de novembro a II edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal

Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, volta o Encontro CIBER.gal, que na súa primeira edición acadou máis de 1.500 inscricións e a participación de preto de 40 entidades públicas e privadas.