Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

17/03/22 | 10:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta asegura ao presidente Duque que Galicia e Colombia teñen a oportunidade de identificar ámbitos e proxectos a futuro nos que ir da man para xerar alianzas duradeiras

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co dirixente colombiano, Iván Duque, correspondendo así á invitación realizada o pasado mes de setembro durante a súa visita a Santiago de Compostela

16/03/22 | 19:15 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno

Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos residentes en Venezuela

15/03/22 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Goberno central apostan pola coordinación entre todas as administracións e entidades implicadas para garantir a axuda ás persoas desprazadas de Ucraína

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participaron xunto co delegado de Goberno en Galicia, José Miñones, nunha reunión para abordar a crise humanitaria derivada do conflito en Ucraína

14/03/22 | 15:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e as principais entidades do eido da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores procedentes de Ucraína

Salientan a importancia de que todas as accións individuais destinadas a ofrecer axuda aos nenos e adolescentes ucraínos se fagan dun xeito coordinado e planificado

08/03/22 | 11:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide que a Conferencia de Presidentes aborde a aprobación dun Plan de acollida aos refuxiados de Ucraína

Subliña a necesidade de coordinar os esforzos de todas as Administracións e canalizar a corrente de solidariedade existente

08/03/22 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da Lei de Acción Exterior na proxección da cultura galega en todo o mundo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou esta mañá na xornada organizada pola Xunta e o Consello da Cultura Galega para informar da norma aos axentes culturais no seu primeiro aniversario

07/03/22 | 18:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada a demanda das ONGD de priorizar as doazóns en efectivo a Ucraína fronte as axudas en especie polos problemas de loxística

Nunha reunión coa Fegamp e diversas ONGD, acordouse establecer un grupo de traballo permanente para facer fronte á emerxencia humanitaria mentres dure a crise

04/03/22 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apela a unha verdadeira colaboración coa administración central na execución dos fondos europeos de recuperación

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, vén de representar a Galicia no Cumio Europeo de Rexións e Cidades que o Comité Europeo das Rexións organizou esta semana en Marsella

02/03/22 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ao Goberno central a súa "total dispoñibilidade" para colaborar no acollemento de menores ucraínos

Malia que a prioridade é manter a unidade das familias refuxiadas, pon os seus recursos a disposición no caso de que o Executivo central realice actuacións específicas para nenos ou adolescentes do sistema de protección de Ucraína

01/03/22 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía ás sete áreas hospitalarias a súa disposición para acoller refuxiados de Ucraína

A Xunta propón a apertura dun mecanismo permanente de coordinación para o envío de axuda humanitaria