Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

13/03/22 | 12:08

A Xunta inicia o Proxecto Mil Ríos para mellorar 470 km de 50 cursos fluviais e aumentar así a súa capacidade de resposta climática

O Goberno galego impulsa esta iniciativa co obxectivo de incrementar a biodiversidade, cun investimento global de 5 millóns de euros

11/03/22 | 11:14

A Xunta impulsa unha normativa específica para regular e ofrecer as máximas garantías á compostaxe comunitaria

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inicia a consulta pública previa do futuro decreto que determinará as condicións e criterios desta actividade

10/03/22 | 17:06

Os profesionais do mar de Galicia retiraron co apoio da Xunta preto de 120 toneladas de lixo do litoral entre 2020 e 2021

Os trece proxectos colectivos desenvolvidos nestes dous anos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños recibiron unha achega pública global de case 620.000 euros, implicaron tarefas de limpeza durante un total de 125 días e contaron coa participación de medio milleiro de persoas

10/03/22 | 14:21

A Xunta recolle as achegas dos propietarios de terreos nas Fragas do Eume para deseñar un Plan reitor que combine a protección do parque co seu aproveitamento

Belén do Campo explica que o futuro documento concretará unha nova zonificación das case 10.000 hectáreas que ocupa este espazo natural, especificando os usos permitidos e restrinxidos desde o punto de vista agrogandeiro, forestal ou recreativo

10/03/22 | 11:34

A Xunta concede case 145.000 € en axudas para executar proxectos na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Entre as 27 actuacións subvencionadas cómpre salientar as obras na caseta municipal da praia de Rodas, a mellora do subministro de auga en Bretal-Olveira, en Ribeira, ademais doutros proxectos promovidos por entidades sociais, empresas e particulares

09/03/22 | 11:22

A Xunta e o concello de Lobios abordan proxectos para converter o Xurés nun parque natural máis resiliente e inclusivo

Ángeles Vázquez adiantoulle á rexedora que a Xunta executará unha actuación para crear unha senda peonil para persoas con diversidade funcional na contorna do balneario da Corga da Fecha

08/03/22 | 10:51

Ángeles Vázquez reivindica o papel e contribución das mulleres na loita contra o cambio climático

Recorda que o lema do Día Internacional da Muller deste ano é Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible, co que visualizar a importancia da muller en todas aquelas medidas e accións que garantan o futuro de Galicia e do patrimonio natural

07/03/22 | 13:24

A Xunta libera na Lanzada un mazarico negro que foi curado no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, procedeu á solta desta ave no observatorio de aves da Lanzada despois de 13 días de coidados, alimentación e exercicios na citada instalación autonómica, a onde chegou cunha forte debilidade nas súas patas tras ser atopada en Campañó

03/03/22 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a creación dun espazo de reciclaxe e autorreparación de residuos no Rosal cun investimento de 30.000€

O delegado territorial, Luis López, e a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, visitan este novo servizo, emprazado nun edificio municipal da rúa Cumieira de Arriba, xunto á alcaldesa, Ánxela Fernández

28/02/22 | 13:56

A Xunta incorpora ao catálogo de árbores senlleiras un castiñeiro situado no Camiño Francés, en Triacastela

Belén do Campo salienta o tamaño e a morfoloxía do exemplar, cun perímetro de 9 metros, 22 metros de altura e cheo de ocos e pólas grosas, entre as características que o converten nun dos máis fermosos da súa especie en toda Galicia