Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

04/08/22 | 18:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta estende a prealerta por escaseza de agua á bacía do río Anllóns e intensifica o seguimento dos encoros de Baiona e Zamáns

Mantense a situación de seca prolongada no conxunto da Demarcación Galicia-Costa, onde caudais circulantes en xullo se situaron un 34,4% por debaixo da media dos últimos dez anos nesta época do ano

03/08/22 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta estuda con drons se a auga do oco mineiro de Ventoxo, en Forcarei, cumpre os requisitos para facer achegas ao río Lérez

O obxectivo destas análises é confirmar se a auga encorada ten a calidade necesaria para consumo humano e se é compatible coa vida do río
 

27/07/22 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Universidade de Santiago traballarán conxuntamente para converter en recursos produtos recuperados nas depuradoras, avanzando na economía circular da xestión da auga

O acordo, cunha achega autonómica de case 340.000€ e vixencia ata o 31 de maio de 2023, ten como fin pór en valor produtos xerados nas estacións de tratamento: enerxía, bioplásticos ou elementos de interese para determinados sectores industriais
 

10/07/22 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/07/22 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos de distintos regos ao seu paso polo concello de Moaña

Estes traballos desenvólvense en tramos dos regos da Xeira, do Inferno, de Fraga e de San Bartomeu, ademais de noutros dous innominados

08/07/22 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concederá axudas de ata 10.000 € aos concellos para identificar e erradicar as fugas de auga nas redes de abastecemento

O Goberno galego busca apoiar aos municipios no diagnóstico das perdas de auga e atallar unha das problemáticas que agravaría un eventual episodio de seca

07/07/22 | 15:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanzará as primeiras axudas aos concellos para realizar auditorías das redes de abastecemento e minimizar as fugas de auga

Explica que o obxectivo destas achegas é reducir á metade os niveis de fuga para que non superen o 20%

06/07/22 | 16:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mantén a declaración de seca prolongada en toda a Demarcación Galicia-Costa ante os baixos caudais dos ríos

Os caudais circulantes en xuño seguen por debaixo dos valores habituais para esta época do ano, un 25% menos ao ter en conta os dos últimos dez anos

06/07/22 | 15:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará este verán os traballos de conservación fluvial no treito do río Tambre en Ponte Boado, cun investimento de 14.000 €

A intervención enmárcase nos traballos previstos este ano no río Tambre, nos que Augas de Galicia leva xa investidos 35.000 €, quedando pendentes intervencións valoradas en máis de 44.000 €

05/07/22 | 17:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 100.000 € as obras de implantación de sistemas de control e monitoraxe enerxética na depuradora de augas residuais de Alfoz

Instalaranse novos caudalímetros e variadores de frecuencia e dotarase á planta de tratamento de augas residuais dun sistema de seguimento dos consumos enerxéticos e de medida en continuo da calidade do efluente