Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

17/12/21 | 14:04 | C. de Sanidade

As ambulancias de soporte vital avanzado de enfermería do 061 de Galicia realizan máis de 11.000 servizos nos últimos dous anos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, preside o acto que conmemora o segundo aniversario da posta en marcha destas ambulancias, que permiten mellorar a calidade asistencial e os tempos de asistencia dos pacientes nos seus domicilios, optimizando os desprazamentos do persoal médico e de enfermería de atención primaria no seu traballo diario

17/12/21 | 14:04 | A Presidencia da Xunta

Feijóo sinala o Espazo Amizar como unha das obras singulares da Coruña que acollerá os principais servizos públicos tras un investimento de 7 M€

Destaca que este complexo traslada o que quere facer a Xunta en Galicia e que o Goberno galego aforraralle aos cidadáns 750.000 euros ao ano no aluguer de sedes na Coruña

17/12/21 | 10:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.346 casos activos por coronavirus

Un total de 188.781 pacientes xa están curados

16/12/21 | 15:01 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia que a Xunta autoriza a licitación das obras do novo centro integral de saúde Olimpia Valencia en Vigo cun investimento de 12,8 M€

Di que permitirá unificar a atención sanitaria no barrio das Travesas e incrementará os servizos de Fisioterapia, Odontoloxía e Farmacia

16/12/21 | 10:14 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 13.835 casos activos por coronavirus

Un total de 188.049 pacientes xa están curados

15/12/21 | 11:50 | C. de Sanidade

A Xunta investirá no vindeiro ano máis de 600.000 euros en renovar e modernizar o equipamento do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia

Actualizarase o seu sistema de información para facilitar a integración automática dos resultados

14/12/21 | 13:04 | C. de Sanidade

A Xunta despregará en toda Galicia unha plataforma tecnolóxica que permitirá resolver a totalidade das chamadas perdidas dos centros de saúde en menos de dúas horas

Desde esta semana, o aplicativo CRM100 estará operativo en 40 centros de atención primaria e, para o 2022, o servizo estará activo na totalidade dos centros de saúde galegos

14/12/21 | 10:17 | C. de Sanidade

O Sergas publica o modelo definitivo de respostas e as puntuacións provisionais da oposición para o ingreso en 48 categorías de persoal estatutario

Ofértanse un total de 1.311 prazas das cales 996 corresponden a persoal licenciado sanitario e 315 a persoal técnico de formación profesional

13/12/21 | 12:08 | C. de Sanidade

O Sergas publica as listas de admitidos no concurso-oposición para o acceso a 24 categorías de persoal estatutario

Resultan admitidas 13.079 solicitudes de participación, para cubrir un total de 680 prazas