Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

23/02/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 500.000 euros as obras de eliminación dun tramo de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas

Actuarase nun treito de 1,6 quilómetros, entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, mellorando as interseccións para facilitar movementos con maior visibilidade e reforzando a seguridade nos pasos de peóns

21/02/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica obras de mellora da rede de saneamento da estación de bombeo de augas residuais de Carracido, no concello de Valga

Os traballos, que suporán un investimento autonómico de preto de 50.000 euros, contan cun prazo de execución de 3 meses

21/02/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 1,3 M€ as obras de mellora do saneamento en 5 novos núcleos das parroquias de San Mamede e de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra

Vázquez Mourelle explica que se prevé comezar as obras a finais de verán e telas rematadas no 1ª cuadrimestre de 2023, xa que contan cun prazo de 7 meses

21/02/22 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 107.000€ na mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de Abegondo, Curtis, Miño e Vilasantar

A Xunta ten aberta as axudas para o 2022 para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística

21/02/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias comproba o resultado das obras de rehabilitación integral do IES Santa Irene tras un investimento de 1,2 millóns de euros

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, supervisou as actuacións de mellora enerxética, accesibilidade e mantemento realizadas no instituto vigués

21/02/22 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,2 millóns de euros as obras de mellora da seguridade na estrada autonómica PO-330 en Valadares e Pereiró, en Vigo

Acometerase unha intervención integral en 7 km da estrada Vigo-Vincios, nunha zona moi urbanizada e concorrida, co fin de reforzar a seguridade viaria e de mellorar a mobilidade, tanto rodada como a pé

21/02/22 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa a execución das obras da senda na travesía de Trasariz, en Cenlle, nas que a Xunta inviste máis de 170.000 €

Estase a executar unha senda peonil ao longo de 450 metros de lonxitude que une o tramo antigo na N-120 co núcleo de Trasariz

19/02/22 | 14:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora da seguridade na estrada AC-445 en Estorde, no concello de Cee, no treito coincidente co Camiño de Fisterra

A intervención inclúe a execución dunha condución de pluviais mediante 84 metros de tubaxe e a construción dunha senda que supera os 630 metros de lonxitude

18/02/22 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 83.000 euros no reforzo do firme na estrada AC-552 que une Paiosaco co núcleo da Laracha

O delegado da Xunta na Coruña e o alcalde da Laracha supervisaron o resultado das obras

18/02/22 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Camiña inclúe axudas aos concellos de ata 10.000 habitantes para consolidar a oferta turística en zonas rurais

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe os traballos de embelecemento na Avenida Barreiro Cabanelas da Lama, unha das 122 actuacións financiadas o ano pasado ao abeiro da orde de axudas para a mellora das infraestruturas turísticas dos municipios de ata 10.000 habitantes