Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

01/02/22 | 16:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica unha nova edición do catálogo ‘Shorts from Galicia’ para a promoción internacional das curtametraxes galegas

A súa difusión iníciase esta semana no mercado profesional do festival francés de Clermont-Ferrand, referente mundial para os profesionais especializados neste formato audiovisual

01/02/22 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o programa #culturaconforza de Carballo con 11 espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da carteleira de espectáculos que se poderán ver ata xuño

31/01/22 | 14:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta explica ao sector a nova liña de axudas de 200.000 euros para mellorar os museos

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo hoxe un encontro con representantes dos concellos e entidades sen ánimo de lucro que poderán ser beneficiarias da iniciativa para dar información detallada e resolver dúbidas

30/01/22 | 14:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo lembra a pegada de Castelao na formación dun galeguismo integrador e plural e enxalza a súa figura como patrimonio común de todos os galegos

Subliña que no recordatorio que fai Castelao de que hai sitio para todos está encerrada a chamada a un galeguismo no que podemos estar xuntos e conversar

29/01/22 | 12:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura transfórmase en sala de cine con máis de 80 curtametraxes no festival Pequefilmes

O público infantil que asiste ás proxeccións esta fin de semana no Gaiás é tamén o xurado que cos seus votos decidirá cales son os mellores filmes desta sexta edición

28/01/22 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia inaugura unha mostra sobre Reimundo Patiño, un dos pioneiros do cómic galego e homenaxeado este ano polo día da ilustración

A exposición organizada pola Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración pode visitarse no Gaiás ata maio e percorre a obra do artista coruñés en varios eidos, especialmente no da banda deseñada

28/01/22 | 11:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece no Centro Galego de Arte Contemporánea obradoiros experimentais de arquitectura para público infantil

Dirixidos á rapazada de seis a 11 anos, desenvólvense a última fin de semana de cada mes ata maio

28/01/22 | 11:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Avanzan as obras na Filmoteca de Galicia para dotar a sala de cine de novo equipamento técnico e mobiliario

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais visitou na Coruña os traballos xa realizados na sede do centro audiovisual dependente da Consellería de Cultura

27/01/22 | 17:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
27/01/22 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A serie de documentais ‘Os nomes da nosa terra’ difunde os feitos e historias que orixinaron algúns dos millóns de topónimos de Galicia

A Xunta apoia a publicación deste traballo realizado pola Asociación Sociopedagóxica Galega ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo