Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

03/08/21 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renovará a escola infantil da Farixa cun investimento de 34.000 euros

As reformas centraranse na renovación do patio exterior, no que se substituirá o chan actual por placas de caucho de máis calidade

02/08/21 | 18:00 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social agradece ás asociacións de escolas infantís o seu esforzo para superar con éxito este curso 2020-2021 marcado pola pandemia

Os centros infantís demostraron ser espazos seguros neste curso, onde o 99% deles permaneceron abertos

02/08/21 | 13:26 | C. de Política Social e Igualdade

A campaña de verán da Xunta inclúe actividades de ocio seguro e saudable para persoas con discapacidade no Carballiño

Este campamento acolle desde o pasado 27 de xullo ata o 5 de agosto unha trintena de persoas con discapacidade de entre 19 e 45 anos

02/08/21 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 59.000 euros a acondicionar os locais sociais de catro asociacións de veciños de Ribadeo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con representantes das entidades beneficiarias na que destacou a importancia do movemento veciñal na dinamización de barrios e pobos

31/07/21 | 11:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece ao persoal das escolas infantís e ás familias o seu esforzo para superar con éxito un curso marcado pola pandemia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, reuniuse coa Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

30/07/21 | 14:22 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destaca a importancia das actividades de ocio saudable levadas a cabo no verán dirixidas aos máis novos, na súa visita ás actividdades da Fundación Juan Soñador

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe as actividades dos nenos e nenas levadas a cabo na cidade herculina

30/07/21 | 13:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Consellería de Política Social destaca o traballo levado a cabo para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe no Porriño as instalacións da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual

29/07/21 | 14:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo da asociación Boa Vida de Pontevedra na loita pola inclusión social

O Goberno galego concedeu axudas por un valor de 200.000 euros a esta entidade no ano 2021 para poñer en marcha programas de formación e asesoramento