Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

12/05/21 | 14:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a oportunidade que ofrecen os fondos Next Generation para o sector alimentario galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, reuniuse esta mañá con empresas do eido da alimentación nun dos encontros dixitais que está a manter con diferentes clústeres para achegar as claves da proposta galega para optar a estes recursos

12/05/21 | 11:09 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Nogueira de Ramuín apostan pola recuperación de soutos para diversificar a actividade económica

A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia tamén impulsará figuras de mobilización de terras que fomentarán actuacións de xestión conxunta

12/05/21 | 10:23 | C. do Medio Rural
11/05/21 | 11:47 | C. do Medio Rural

A Xunta agradece a implicación dos grupos parlamentarios na mellora da Lei de recuperación da terra agraria e comprométese a acertar na súa aplicación

José González fixo unha intervención de agradecemento aos grupos polas súas achegas ao texto, que definiu como moi traballado e froito do consenso

10/05/21 | 14:48 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a calidade dos produtos agroalimentarios galegos con clases maxistrais e charlas divulgativas ao abeiro dunha iniciativa educativa entre a nosa comunidade e Euskadi

A acción da Agacal enmárcase nun proxecto colaborativo entre o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e a Escola de Hostalaría e Turismo Gamarra de Vitoria, que levan anos facendo intercambios e compartindo prácticas pedagóxicas

09/05/21 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta comeza mañá a fase de recollida de mostras das catas dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia 2021

O persoal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria prevé recoller preto de 450 mostras de viños dunhas 180 adegas e outra trintena procedentes da indicación xeográfica de augardentes e licores tradicionais

09/05/21 | 12:32 | C. do Medio Rural

Un total de 984 traballadores fixos descontinuos do operativo de prevención e defensa contra os incendios forestais de medio rural incorporaranse mañá ao servizo activo

Esta incorporación do persoal de seis meses faise efectiva todos os anos antes da chegada do verán, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas

08/05/21 | 11:30 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza os programas de vixilancia e control entre os seus veterinarios oficiais e os adscritos ás asociacións de defensa sanitaria gandeira

Na xuntanza analizáronse os resultados obtidos no 2020 e presentáronse os programas que se van desenvolver nos anos 2021 e 2022 para a vixilancia e control de certas enfermidades

07/05/21 | 16:05 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta
07/05/21 | 12:58 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a colaboración co Ligal para a realización anual de 1,5 millóns de analíticas de mostras de leite nos vindeiros catro anos

A Consellería do Medio Rural destina para estas actuacións un total de dous millóns de euros no período 2021-2024