Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

25/01/21 | 12:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta actualizará a normativa de atención á diversidade co fin de axustala á realidade dos alumnos e dos centros docentes

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse cos representantes de 46 entidades de Galicia co fin de pechar un desenvolvemento normativo do actual Decreto, como veñen demandando esas asociacións

24/01/21 | 08:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para inscribirse nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP

O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 9 de febreiro

22/01/21 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 160 centros educativos participan este curso na iniciativa 'eduemprende' da Xunta de Galicia

A finalidade deste plan é impulsar o espírito emprendedor e fomentar esta cultura entre o alumnado

20/01/21 | 17:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias sinala que os problemas de calefacción do CEIP Otero Pedrayo son competencia de mantemento do Concello de Vigo

A delegada territorial informa que o centro contactou co Concello e a empresa xa na primeira semana de decembro e que, tras varios intentos nulos de comunicación, o 11 e 19 de xaneiro solicitaron o arranxo por rexistro municipal

19/01/21 | 18:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación acomete a modernización dos talleres do IES Antón Losada Diéguez da Estrada cunha reforma integral na que inviste 223.000€

A actuación pretende dotar de maior funcionalidade a estas instalacións cunha reorganización de espazos e a renovación de materiais, como acabados, falsos teitos, carpintaría exterior e interior e as instalacións

19/01/21 | 18:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora con 14 anpas lucenses para desenvolver accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Administración galega destina 48.600 euros a apoiar a posta en marcha de programas educativos e de sensibilización promovidos por asociacións de nais e pais

19/01/21 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta executa obras de reforma e incremento da eficiencia enerxética no colexio de Carballedo, cun investimento de 250.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que o centro disporá de novos servizos e maior confort, ao tempo que reducirá o consumo e as emisións contaminantes

17/01/21 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
16/01/21 | 09:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca axudas para o fomento do uso do galego no ensino preuniversitario

A Consellería de Educación publica no DOG as ordes de subvencións destinadas a apoiar o labor dos equipos de dinamización da lingua galega

14/01/21 | 12:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Ábrese o prazo para que os centros educativos se adhiran ao programa de reforzo das competencias dixitais 'DigiCraft no teu cole-II'

Ata 200 novos centros poderán beneficiarse desta iniciativa, dirixida a alumnos de 6 a 12 anos, que emprega unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no xogo e a experimentación