Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

10/03/21 | 12:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a transformación industrial e a dixitalización como motores da reactivación económica e a sustentabilidade

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no encontro dixital ‘Tecnoloxía e innovación ao servizo dun desenvolvemento sustentable’ organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia

09/03/21 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda coa hostalería unha desescalada segura, gradual e baseada na mellora da situación sanitaria en Galicia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, mantiveron unha reunión cos representantes dos hostaleiros para coñecer as súas prioridades perante a mellora da situación sanitaria

08/03/21 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta porá en marcha este mes unha antena en Londres para asesorar as empresas galegas ante os retos do Brexit

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, fai fincapé nun seminario organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), que se achegará información e axudas para manter a posición das empresas galegas no Reino Unido

07/03/21 | 12:21 | C. de Economía e Industria

A provincia da Coruña alcanza os 36 concellos emprendedores tras a adhesión de Trazo

O municipio coruñés súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

07/03/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A provincia de Ourense alcanza os 64 concellos emprendedores tras a adhesión de Celanova, Muíños, Castrelo de Miño e Manzaneda

Os catro municipios ourensáns súmanse ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

07/03/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A provincia de Pontevedra alcanza os 22 concellos emprendedores tras a adhesión de Mondariz

O municipio pontevedrés súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

06/03/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Boiro a importancia económica do oficio tradicional da carpintería de ribeira

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou xunto coa xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, as instalacións do obradoiro artesanal Asteleiros Triñanes, especializado desde hai máis de 40 anos na construción naval en madeira

05/03/21 | 13:26 | C. de Economía e Industria

Conde avalía co alcalde de Val do Dubra medidas para impulsar a actividade industrial e empresarial do concello

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co rexidor de Val do Dubra, José Manuel Varela

05/03/21 | 10:26

A Xunta facilitará a 4.000 galegos e galegas o acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de convocar a décimo quinta edición das probas dirixidas ás persoas que non teñen ESO ou Bacharelato, requisitos mínimos esixidos para acceder á Formación Profesional para o Emprego

04/03/21 | 19:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a colaboración público-privada como clave para a optimización dos Fondos Next Generation

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta tarde nunha xornada organizada polo Colexio de Economistas da Coruña que abordou as oportunidades que ofrecen estes recursos para a transformación dixital, a transición enerxética e a cohesión territorial de Galicia