Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

01/02/21 | 11:51

A Xunta mantén por terceiro ano consecutivo a bonificación dun 10% no canon que pagan a Sogama os concellos adheridos

O DOG publica hoxe a resolución pola que se fai público o canon unitario de tratamento por tonelada de residuos domésticos así como a rebaixa aplicable en 2021 a aqueles municipios que promovan a redución de residuos e/ou a reciclaxe de envases lixeiros, e trasladen a bonificación ao recibo do lixo dos cidadáns

30/01/21 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 1,5 M€ na nova orde de axudas destinada á mellora paisaxística e ao embelecemento do Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe durante a súa visita ás actuacións levadas a cabo na igrexa parroquial de Botos en Lalín ao abeiro destas axudas, que a convocatoria de 2021 se publicará a próxima semana

30/01/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Cerdedo-Cotobade perfilan os detalles técnicos e administrativos para a apertura dos Baños do San Xusto este ano

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, mantén unha reunión co alcalde, Jorge Cubela, e celebran un encontro multilateral en torno a esta rehabilitación cos xefes territoriais de Sanidade, Economía e Medio Ambiente

27/01/21 | 13:14

Medio Ambiente remata a tramitación ambiental do Plan de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma, en Chantada

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático asina hoxe a resolución pola que se emite o Informe Ambiental Estratéxico deste proxecto que persegue unha ordenación integrada, tendo en conta as súas especiais características naturais, ecolóxicas e paisaxísticas

27/01/21 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica as achegas para proxectos enerxéticos no sector primario, que distribúen en Lugo 1,1 M€ para 95 iniciativas

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que está aberta unha nova convocatoria deste programa e o prazo de solicitudes remata o 15 de febreiro

27/01/21 | 12:09

Medio Ambiente regula a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do Ulla entre o 1 de febreiro e o 31 de outubro

A Consellería mantén para 2021 as principais condicións e medidas que rexeron durante o ano pasado con relación á práctica desta actividade tradicional

23/01/21 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o seu compromiso cos concellos e destina 11M€ ao fondo de compensación ambiental

A nova convocatoria, que se publicará o luns no Diario Oficial de Galicia, inclúe axudas para a erradicación do gas radón dos edificios municipais

22/01/21 | 14:04

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Sober nun proxecto de mellora e humanización de espazos públicos no rural

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá co rexedor Luis Fernández, quen lle trasladou tamén o seu interese polo Plan Hurbe no que traballa a Xunta para promover actuacións urbanísticas nos concellos da Ribeira Sacra

22/01/21 | 12:54

Medio millar de voluntarios protexerán e conservarán os valores naturais das illas do Parque Nacional de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou esta mañá ‘Un parque para todos’, unha iniciativa que conxuga a integración social e laboral de persoas con diversidade funcional e a xestión medio ambiental para o mantemento dos hábitats naturais

21/01/21 | 18:12

A Xunta ultima a adxudicación da cartografía que servirá de base para o Plan básico municipal de Guntín e de oito concellos máis

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe coa rexedora María José Gómez, a quen lle trasladou os próximos pasos a seguir para avanzar na tramitación deste instrumento de ordenación urbanística