Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

26/08/21 | 14:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda diferentes propostas para o emprazamento dos novos puntos de encontro familiar

O delegado territorial lembrou que nos municipios que carecen destes centros son os xulgados os que se encargan de derivar cada petición ao PEF máis próximo ao domicilio dos usuarios

23/08/21 | 11:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía ata 2,1M€ as axudas do Bono eléctrico galego para garantir a subministración nos fogares con máis dificultades

Trátase do segundo aumento de crédito que destina a Xunta á convocatoria deste ano, fiel ao seu compromiso coas familias máis desfavorecidas que non contan coa posibilidade de facer fronte ás súas facturas eléctricas

22/08/21 | 11:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia recibe medio cento de achegas de entidades e particulares para o decreto que rexerá o Rexistro de Familias Monoparentais

O Goberno galego puxo en marcha unha consulta aberta a través do Portal de Transparencia para que a sociedade puidese rexistrar as súas suxestións

18/08/21 | 11:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia destina 220.000 euros a mellorar o funcionamento da Cociña Económica de Ferrol e realizar obras de acondicionamento

As actuacións postas en marcha na infraestrutura céntranse na cuberta e na pavimentación do chan e permitirán unha maior ventilación

16/08/21 | 10:47 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social realiza 89 cursos para mellorar a integración social e laboral de persoas en risco de exclusión durante o primeiro semestre deste ano

Impartíronse un total de 2688 horas de formación en 50 concellos de Galicia e ao final das mesmas obtiveron o diploma acreditativo correspondente 757 alumnos

14/08/21 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 40.000 euros na mellora da fachada do centro de día do complexo de maiores de Cerdedo

O obxectivo é manter en bo estado de conservación o inmoble e harmonizar a súa imaxe exterior co novo edificio anexo que se destinará a zona residencial

13/08/21 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Tarxeta Básica, impulsada pola Xunta, leva beneficiado a máis de 55.000 persoas desde a súa posta en marcha hai menos dun ano

Estase a piques de superar as 40.000 tarxetas emitidas, cifra que se agarda acadar a vindeira semana

12/08/21 | 09:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia cinco proxectos de investigación sobre cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030

Contan cunha dotación orzamentaria de 150.000 euros e un período de execución de dous anos, a desenvolver polas universidades galegas en solitario ou en colaboración con outros grupos de investigación