Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

07/02/20 | 14:00

A Xunta enxalza en Xantar a calidade de produtos do mar cunha decena de talleres gastronómicos de degustación

Este ano a Consellería do Mar destina 27 millóns de euros á mellora da estrutura do sector da transformación e comercialización e 11,5 millóns de euros á mellora da organización da produción e adecuación aos mercados

06/02/20 | 19:37

Galicia solicita a implicación do Ministerio de Pesca para defender ao sector ante o posible "efecto dominó" que xeraría a reforma do regulamento de Costas

A Xunta alerta do conseguinte prexuízo que causaría no sector produtor tanto a hiperrestritiva aplicación actual da normativa como a súa modificación tendo en conta o volume de moluscos que Galicia depura e transforma nas industrias directamente afectadas

05/02/20 | 15:27

A Xunta destaca a importancia do traballo conxunto da frota e dos científicos para mellorar a xestión dos caladoiros

A Consellería do Mar lembra que coñecer a realidade da activade pesqueira e dos distintos ‘stocks’ é fundamental para garantir a súa sustentabilidade

05/02/20 | 14:57

As entidades colaboradoras de pesca fluvial poderán solicitar a partir do 15 de febreiro as axudas para actividades divulgativas e de vixianza en 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza nunha reunión con membros das entidades de pesca fluvial Río Viaño de Boborás e O Arenteiro de O Carballiño, aos que lles adiantou que o Diario Oficial de Galicia publicará esta orde de axudas dotada de 125.000 euros

04/02/20 | 11:57

O sector pesqueiro galego e as ONG traballarán de xeito conxunto na loita contra o lixo mariño e a conservación dos recursos

A Xunta convoca por primeira vez axudas para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos no mar

03/02/20 | 11:53

O litoral de Galicia pode beneficiarse de máis de 19 millóns de euros para proxectos que impulsen o seu desenvolvemento socioeconómico

Conservas Faro de Burela obtivo unha axuda da Xunta a través do grupo de acción local do sector pesqueiro da zona para a mellora da trazabilidade e etiquetaxe dos seus produtos
Esta empresa familiar etiqueta en braille e cun código QR para enlazar o produto a unha descrición auditiva

01/02/20 | 11:00

Galicia reúne a expertos das principais cadeas de valor das espumas de poliestireno para avaliar o seu encaixe na economía circular

Un taller celebrado esta semana na sede do Centro Tecnolóxico do Mar analizou as posibilidades de aproveitar ao máximo este material e o xeito de xestionar os residuos para evitar a súa chegada ao mar

30/01/20 | 12:25

Medio Ambiente regula a tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Ulla entre o 1 de febreiro e o 31 de outubro

A Consellería mantén para 2020 as principais condicións e medidas que rexeron durante o ano pasado para a práctica desta actividade tradicional

30/01/20 | 11:26

Portos de Galicia adxudica un contrato para medir durante dous meses as ondadas e as correntes no peirao de Malpica

Os traballos inclúen a instalación de tres sensores de presión en distintos puntos do porto para recompilar datos de ondada e a obtención de información das correntes mediante un equipo especial de medición