Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Medio ambiente:

06/09/21 | 12:32 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a volta á normalidade das escolas infantís no inicio do novo curso 2021-2022

O número de matriculados nos centros públicos autonómicos é de 7830, isto é un 3% máis que o curso pasado

04/09/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

O Bono Concilia da Xunta beneficia este curso a 173 familias lucenses que non obtiveron praza nunha escola infantil pública

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que a axuda incrementouse este ano nun 10% en todos os tramos

03/09/21 | 18:47 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo recoñece ás impulsoras das casas niño o seu compromiso para crear posibilidades de conciliación pioneiras na Galicia rural

Salienta que as casas niño levan cinco anos xerando oportunidades de conciliación coa creación de centros arraigados nos núcleos de poboación máis pequenos, cun horario flexible e cunha atención personalizada, ademais de gratuíta

03/09/21 | 13:18 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García explora coa alcaldesa de Ponteareas fórmulas para mellorar os servizos públicos municipais desta vila

Na reunión abordaron a situación da residencia de maiores de Santa Ana e da escola infantil do Concello

02/09/21 | 18:44 | C. de Sanidade

Sanidade presenta o proxecto audiovisual 'A receita galega', que aborda as claves do envellecemento activo na nosa Comunidade

Neste documental, amósanse os hábitos de vida e a rutina dalgunhas persoas lonxevas con moi bo estado de saúde e, ao mesmo tempo, establécese un contraste coas achegas dun grupo de expertos en materia de envellecemento

02/09/21 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executou obras de acondicionamento na escola infantil Sagrado Corazón de Lugo por importe de 25.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, revisou os traballos realizados no centro de cara ao vindeiro curso, que comeza o 6 de setembro

31/08/21 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que máis de 800 persoas gozaron este verán dunhas vacacións en familia nas residencias públicas do Carballiño e de Nigrán

Como novidade as familias numerosas, monoparentais, as de acollida e as vítimas de violencia de xénero tiveron prioridade en todas as quendas ofertadas

27/08/21 | 11:15 | C. de Política Social e Igualdade

O Diario Oficial de Galicia publica o incremento de fondos que permitirá quintuplicar as casas do maior neste ano 2021

O obxectivo é pasar dos 20 centros postos en marcha na actualidade a un total de 100, o que implica aumentar a partida destinada a este fin ata os 6,2 millóns de euros