Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

06/02/21 | 11:17

Xunta e USC revalidan o seu compromiso de colaboración para o fomento da cultura emprendedora feminina desde a universidade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, da Universidade de Santiago, María do Mar Lorenzo, comprométense a seguir a impulsar a iniciativa emprendedora entre as más novas

05/02/21 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo avanza un Plan de benestar emocional para reducir a influencia da pandemia na comunidade escolar

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que este documento porá a disposición de alumnado e profesorado as pautas e ferramentas necesarias para velar pola estabilidade emocional nun curso escolar marcado pola covid

04/02/21 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta reforza a dotación para docentes con 55.000 equipos fixos e portátiles

Avanzou a posta en marcha doutras actuacións de mellora como: o equipamento interactivo aos cursos de entre 1º e 4º de Primaria, a extensión da wifi ao 100% dos espazos docentes ou a consolidación das plataformas dixitais educativas

04/02/21 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
04/02/21 | 10:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado do Centro Superior de Hostalería de Galicia

Poderanse beneficiar aqueles que formalizaran matrícula de estudos complementarios de Dirección Hoteleira no estranxeiro para este curso

04/02/21 | 10:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa IACOBUS pecha o prazo de presentación de candidaturas con case 250 propostas

Un total de 185 proxectos presentáronse á oitava edición de estadías de docentes e investigadores galegos e portugueses e 59 publicacións á terceira convocatoria do ‘IACOBUS Papers’

03/02/21 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral para o Deporte

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o pavillón de Castro Caldelas vinculado ao CPI Virxe dos Remedios

Gabriel Alén interesouse polo estado das instalacións tralo paso das frontes climatolóxicas adversas das últimas semanas

03/02/21 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora cos reitores e a CIUG na coordinación das directrices para garantir a seguridade da ABAU en Galicia

A Comisión traballa no borrador que recolle as normas de prevención sanitaria que rexerán nas probas de acceso á Universidade, e que seguirán a liña marcada xa o pasado ano

03/02/21 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os cursos de galego preparatorios das probas Celga 2021 con máis de 1000 prazas en liña e presenciais

O DOG e o Portal da Lingua Galega fan pública hoxe a resolución que se adaptará á situación derivada da covid-19