Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

19/03/21 | 11:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou o ano pasado 92 proxectos de mellora da competitividade de empresas lucenses a través do Plan ReAcciona

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as achegas concedidas suman preto de 340.000 euros para poñer en marcha iniciativas de reorganización estratéxica, profesionalización, dixitalización e innovación

17/03/21 | 15:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución da Fundación Belarmino Fernández ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da entidade no concello de Sober

17/03/21 | 12:54 | A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta o papel fundamental do diálogo social e do sindicalismo para xestionar os novos retos con realismo e intentar que ninguén quede atrás

Asevera que unha das fortalezas coas que conta a Comunidade é a estabilidade institucional, “porque Galicia así o decidiron os cidadáns”; e a estabilidade sindical, “porque conta con sindicatos con gobernanza”

16/03/21 | 20:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo analiza co secretario xeral da UGT a crise industrial da Comunidade e os retos derivados do impacto da pandemia e da xestión dos fondos de reconstrución europeos

Destaca que a colaboración cordial e frutífera entre Xunta e UGT é fundamental tanto para o desenvolvemento do Diálogo Social como para os logros acadados en materia de igualdade laboral

16/03/21 | 20:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta alerta do impacto que suporá o peche de Ence para o emprego no sector forestal galego

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuníronse hoxe con representantes do sector

16/03/21 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 5,4 M€ a empresa Arnoia distribución na súa aposta pola innovación e a industria 4.0 para converter a transformación dixital nunha oportunidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá, en Ponte Caldelas, as instalacións desta empresa

16/03/21 | 13:13 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por unha descentralización controlada e unha cogobernanza dos fondos europeos Next Generation para axilizar a reactivación da economía

“Creo que as rexións debemos ter un peso determinante, porque xestionamos de forma directa nos territorios, porque coñecemos moi ben os nosos sectores económicos, e porque somos máis áxiles e eficaces que a estrutura burocrática do Goberno central”, asevera

15/03/21 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coa hostalería os pasos a seguir para avanzar na desescalada gradual e segura do sector

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, mantiveron unha nova reunión cos representantes dos hostaleiros, onde trataron a posibilidade de aumentar o horario de peche ou a capacidade máxima dos locais

14/03/21 | 11:31 | C. de Economía e Industria

Un total de 17 restaurantes e cafeterías de Sanxenxo vanse beneficiar xa das axudas para acondicionar as súas terrazas ou vender a domicilio

No conxunto da provincia de Pontevedra, son 318 os locais que xa se van poder acoller a esta orde de axudas, cun investimento mobilizado de 2,9M€