Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

16/02/22 | 14:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG oficializa a declaración BIC da biblioteca de Emilia Pardo Bazán composta por preto de 11.000 volumes

O Diario Oficial de Galicia publica o decreto que recoñece a protección de 7.883 libros custodiados na sede da Real Academia Galega e 2.972 rexistros en Meirás

16/02/22 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reúnese co novo embaixador de España na Unesco para avanzar na candidatura da Ribeira Sacra

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade mantivo un encontro con José Manuel Rodríguez Uribes para seguir traballando no futuro deste territorio

15/02/22 | 18:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avalía en París co coordinador do Informe PISA as liñas de futuro para mellorar a formación da mocidade galega

Galicia é, de media, a primeira comunidade de España nos resultados das competencias científica, matemática e lectora do último PISA

15/02/22 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 20 concellos soben ao bus do Centro Dramático Galego para ver ‘A Peste’ no Salón Teatro de Santiago

A iniciativa promovida pola unidade teatral da Xunta busca facilitarlle á cidadanía de todo o territorio o achegamento ao teatro e ao espazo compostelán

15/02/22 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A biblioteca da Xunta na Coruña súmase á celebración do centenario de María Casares cunha exposición de 200 fondos propios

O secretario xeral de Cultura inaugura a mostra ‘María Casares, residente privilexiada’, que forma parte da programación do Goberno galego co gallo da efeméride

15/02/22 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Instituto Cervantes de París acollerá a exposición itinerante coa que a Xunta conmemora o ano Laxeiro

Está previsto que a mostra ‘Foi un home. Laxeiro en América (Bos Aires, 1951-1970)’ recale na entidade francesa tras o seu paso por Santiago, Madrid e Lalín

15/02/22 | 12:29 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita a Pepa Lockhart e Lucía Serén por participar en ‘Valentina’, gañadora do premio Goya á mellor película de animación

Destacou que esta peza audiovisual é unha oda á plena inclusión, que ten como piar fundamental a sensibilización e a concienciación das nenas e nenos

15/02/22 | 11:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta protexe o Castelo da Rocha Forte coa súa inscrición no rexistro de BICs de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá resposta a unha solicitude do Concello de Santiago e supón a ampliación da súa protección patrimonial

15/02/22 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xestora cultural Pilar Portela será coordinadora do novo departamento de música e danza da Agadic

Entre outras funcións, corresponderalle a dirección do Centro Coreográfico Galego

14/02/22 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as novas edicións dos seus premios de literatura dramática cunha dotación global de 26.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases do XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o XII Manuel María de Literatura Dramática Infantil e o XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques