Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

28/05/21 | 09:38 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca hoxe as axudas para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura, que duplicarán o orzamento do ano pasado ascendendo aos 1,3 M€

O DOG publica hoxe a orde que contempla un presuposto inicial próximo aos 725.000 euros, que virá seguido dunha ampliación orzamentaria

27/05/21 | 18:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural propón a creación dunha Comisión interdepartamental da Xunta e o Estado para mellorar a sustentabilidade do agro na Limia

José González trasladou aos alcaldes que a Consellería xa ten moi avanzado o borrador do Plan estratéxico do sector agrario da bisbarra e pediulles as súas achegas para mellorar no posible este documento

27/05/21 | 17:15 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a formación orientada á xestión empresarial como fórmula para impulsar o agro galego

O éxito desta iniciativa formativa propiciou a súa continuidade, con dous novos cursos que comezarán a semana que vén no propio Pazo de Quián e no CFEA Pedro Murias de Ribadeo

27/05/21 | 10:04 | C. do Medio Rural

O DOG publica a modificación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Vilatuxe, no concello pontevedrés de Lalín

En virtude da modificación, cédeselle ao Concello de Lalín a titularidade de seis parcelas, para equipamentos colectivos ou outros fins de interese xeral

26/05/21 | 18:43 | C. do Medio Rural

A Xunta organizará a vindeira semana dúas novas accións formativas para os gandeiros no marco da Estratexia do sector lácteo

José González anunciou que estes novos cursos, que terán lugar en Boqueixón e Ribadeo, faranse como consecuencia do éxito acadado na primeira convocatoria

26/05/21 | 15:29 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o Pladiga 2021 que contará con catro novas brigadas helitransportadas, cunha unidade de investigación de lumes e con máis cámaras de vixilancia ata cubrir preto do 70% do territorio

Feijóo salienta que se disporá dun operativo composto por: 7.000 persoas; 378 vehículos motobomba e modernizarase o parque móbil do Servizo autonómico, coa compra de 6 motobombas

26/05/21 | 12:08 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a canle Mercaproximidade continúa activa e segue incorporando novos produtos agroalimentarios aos establecementos das dez cadeas de distribución adheridas

José Balseiros lembrou que máis de 450 industrias e produtores galegos se incorporaron a esta rede creada ao comezo da pandemia da covid-19 para proporcionar alternativas de comercialización ante as restricións sanitarias

26/05/21 | 10:16 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica a aprobación das bases da reestruturación parcelaria de Oleiros, no concello pontevedrés de Silleda

Este paso implica que están rematados os trámites relativos á identificación dos propietarios, á determinación exacta da superficie e á clasificación das terras

25/05/21 | 19:42 | C. do Medio Rural

A Xunta amosa ao seu apoio á empresa de embutidos de Vilalba afectada por un incendio esta fin de semana

José González puxo de relevo o dispositivo despregado para atallar o lume dende o primeiro momento, co obxectivo de minimizar os danos para que a empresa poida retomar a actividade o máis axiña posible