Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

14/02/20 | 15:12

A Xunta traslada ao concello de Malpica a necesidade de ser rigorosos na busca das actuacións máis axeitadas para mellorar a seguridade do porto

A Consellería do Mar pide que se deixe traballar aos técnicos para que poidan verificar a procedencia das medidas en estudo e advirte de que as présas poden levar a resultados contraproducentes

14/02/20 | 12:10

Galicia promove a modernización de equipamentos nos portos e nas lonxas para facilitar o labor do sector e mellorar a súa competitividade

As confrarías de pescadores poden acceder a axudas para investimentos con este fin e que busquen a mellora da eficiencia enerxética, das condicións de traballo dos pescadores e da calidade dos produtos desembarcados

14/02/20 | 11:58
13/02/20 | 20:32

Galicia contribúe a aumentar a poboación de lumbrigante coa solta de 500 xuvenís da especie en Carnota

A acción foi realizada polo alumnado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura

12/02/20 | 13:01

Galicia promove a colaboración entre os investigadores e o sector para a defensa do mar e dos seus profesionais

A Xunta busca que as confrarías coñezan de primeira man o potencial investigador da comunidade autónoma galega no eido mariño e impulsar vías de cooperación

10/02/20 | 10:11 | C. do Medio Rural

O DOG publica o Decreto de artesanía alimentaria que porá en valor os produtos do agro e do mar feitos de xeito tradicional

A normativa dará garantías ao consumidor de que os produtos son elaborados artesanalmente e respectando a filosofía sostible da Galicia verde

09/02/20 | 12:19

Galicia impulsa o funcionamento e mellora da competitividade das confrarías de pescadores de Lugo a través da súa federación

A entidade lucense asinou un convenio de colaboración coa Consellería do Mar polo que disporá de 45.000 euros para gastos derivados da súa actividade

08/02/20 | 13:31

Galicia recoñece ante Anmupesca a necesidade de que se revisen os coeficientes redutores en actividades do sector pesqueiro como a das redeiras

A Xunta destaca o papel de Anmupesca na reivindicación dos dereitos das mulleres do mar e a importancia de traballar para que haxa remuda xeracional

07/02/20 | 15:19

Medio Ambiente e a Sociedade de Pescadores Río Mandeo colaborarán para promover a formación sobre pesca continental

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo unha reunión con representantes desta entidade para analizar o contido da nova Lei de Pesca, actualmente en trámite parlamentario e que aposta como novidade pola promoción das Escolas de Río