Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

24/02/21 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 200 axencias de viaxes participaron nunha webinar sobre as axudas habilitadas pola Xunta para o seu sector

Esta semana quedaron activas as dúas liñas de axuda creadas especialmente para o sector da turoperación e dotadas con 3,6 millóns de euros

23/02/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras de mellora e embelecemento da contorna do Camiño de Santiago na Mezquita

Gabriel Alén mantivo un encontro co seu alcalde, Rafael Pérez, onde repasaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica

22/02/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa 3,6 M€ para que as axencias de viaxes promocionen Galicia e o Xacobeo como destino seguro

A primeira das axudas, que xa foi publicada no DOG, destina 2,4 M€ á dixitalización das empresas e a comercialización de novos paquetes turísticos

21/02/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Monte do Gozo contará cun punto Citypaq para facilitar o envío e recepción de paquetes para os peregrinos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro con “El Camino con Correos” para avanzar nesta e noutras vías de colaboración conxunta

18/02/21 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha 'Gastronomía para non perderse', unha serie documental sobre os produtos da cociña tradicional galega

A produción audiovisual consta de cinco entregas que se poden ver de balde no Portal da Lingua Galega e na plataforma das bibliotecas GaliciaLe

17/02/21 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro pon en valor a liña de axudas para establecementos turísticos das que xa foron beneficiadas 80 empresas

A directora de Turismo de Galicia compareceu hoxe no Parlamento para dar conta das axudas autonómicas para a mellora de aloxamentos turísticos e de restauración

17/02/21 | 10:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a liña de axudas para fomentar a recuperación do turismo de reunións cando a situación sanitaria o permita

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de subvencións dotada con 650.000 euros para promover o desenvolvemento de eventos nas anualidades 2021-2022

16/02/21 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 400.000 euros a 41 proxectos de embelecemento da contorna das rutas xacobeas na provincia de Lugo

Esta liña de axudas permite subvencionar actuacións propostas por entidades locais ou particulares para mellorar a imaxe e a paisaxe do Camiño de Santiago

13/02/21 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 3,5 millóns de euros á orde de axudas para mellorar os establecementos turísticos, un 133% máis que o pasado ano

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe a visita á casa rural “A avoa María”, en Campo Lameiro, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas