Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

27/02/20 | 10:34

Axentes de Gardacostas e da Garda Civil comisan máis de 2.800 quilos de ameixa xaponesa procedente de Portugal por carecer de documentos de trazabilidade

O operativo desenvolveuse no quilómetro 278 da A-52 en dirección a O Porriño tras un control de estrada no que se detectou un exceso de peso da furgoneta que transportaba o produto

26/02/20 | 13:49

A Xunta enxalza o labor da Asociación de bateeiros Asmecruz na busca constante dun produto de extraodinaria calidade

A titular de Mar lembra a importancia da colaboración entre sector e Administración para que a produción de mexillón poida seguir medrando

23/02/20 | 11:53

Galicia colabora no deseño de guías para a adaptación dos sectores pesqueiro e acuícola europeos ao cambio climático

O Centro Tecnolóxico do Mar e os seus socios do proxecto europeo ClimeFish presentarán a próxima semana as ferramentas desenvolvidas en catro anos de traballo para coñecer e afrontar os efectos deste fenómeno climatolóxico

20/02/20 | 19:08

Os bateeiros poderán acceder a través do móbil á información sobre o estado das súas zonas de produción grazas a unha app desenvolvida en colaboración coa Xunta

Esta ferramenta pon a disposición dos socios do Consello Regulador información do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño sobre biotoxinas e contaminación microbiolóxica

18/02/20 | 11:39

A Xunta renovará este ano as súas campañas de promoción do consumo dos produtos do mar entre os escolares galegos

O Executivo galego traballa na actualización e mellora antes do verán das campañas ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ e ‘O sabor da aventura está no mar’ co obxectivo de dotalas dunha imaxe máis atractiva e amena para os rapaces

17/02/20 | 11:37

A Xunta solicita a colaboración do Estado para mellorar o estado produtivo da ría de Ferrol

A conselleira do Mar envía unha carta á subdelegada do Goberno na Coruña na que demanda a súa implicación para sumar o apoio do Executivo central aos xa obtidos por parte das administración locais afectadas

16/02/20 | 10:31

Galicia promociona a calidade dos produtos do seu mar na feira Fish International de Bremen

A comunidade participou no evento cun posto da Consellería do Mar de 180 metros cadrados que acolleu a dez empresas coexpositoras co obxectivo de enxalzar a excelencia dos peixes e mariscos galegos