Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

23/02/21 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta de Galicia comeza a vacinación de 50.000 profesionais do ámbito educativo

Sanidade comeza a vacinación de xeito ordinario do conxunto de profesores e mestres da comunidade galega

19/02/21 | 12:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais en 15 especialidades

O obxectivo desta convocatoria é facilitar a obtención desta acreditación, que favorece a incorporación ao mercado laboral das persoas que a posúen

19/02/21 | 09:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta responde ás solicitudes da Anpa do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada e adapta por segunda vez os horarios de todas as liñas de autobús

O delegado territorial, Javier Arias, destaca a rápida resposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que axustou as rutas deses seis transportes para fixar a saída, ás 15.30 horas

18/02/21 | 17:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a mellora de eficiencia enerxética no IES A Sangriña da Guarda coa renovación da carpintaría exterior cun investimento de 250.000 €

A Xunta substituíu as fiestras e as persianas para acadar unha maior confortabilidade térmica no interior e segue coa modernización do centro tras destinar máis dun millón de euros a melloras na última década

18/02/21 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Aspace renovan a súa colaboración para mellorar a atención ao alumnado con parálise cerebral

O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral da A Coruña, Antolín M. Rodríguez, asinaron o convenio para deseñar accións específicas para este colectivo

17/02/21 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Plan de Benestar Emocional pon a disposición dos centros educativos 24 actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia

Román Rodríguez salienta que o novidoso plan servirá “para avanzar nun modelo no que os centros son moito máis ca un espazo de docencia, tamén lugares de convivencia nos que aprender valores como a confianza nun mesmo”

16/02/21 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta elevará a máis de 2 M € o investimento na rehabilitación do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda co inicio da súa segunda fase

Román Rodríguez salienta a actuación como un compromiso cun centro histórico de referencia que sabe adaptarse e incorporar os programas educativos máis novidosos

15/02/21 | 19:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traslada ao ministro Castells o labor das universidades galegas fronte á covid-19 e pide non crear máis incertezas

Román Rodríguez demanda unha “participación sincera” na elaboración da nova lei de universidades e demanda máis fondos para a dixitalización

14/02/21 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia convoca probas para a obtención do graduado en secundaria dirixidas a maiores de 18 anos

O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 18 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a de setembro

12/02/21 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo avalía as medidas do Plan de benestar emocional para o ensino que será presentado a vindeira semana

O obxectivo é acompañar a alumnado e profesorado neste ámbito, dado que se pode ver afectado polos cambios que a pandemia trouxo consigo