Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

09/03/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a aposta polo turismo sustentable do destino Mariñas Coruñesas Terras do Mandeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na entrega dos distintivos aos nove primeiros Aloxamentos da Biosfera neste territorio

06/03/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o Camiño de Inverno e inviste un millón de euros na rehabilitación do Pazo de Diomondi como albergue de peregrinos

O vicepresidente primeiro da Xunta visitou hoxe as obras de construción do primeiro albergue público do Camiño de Inverno, que contará con 34 prazas

04/03/21 | 16:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central un compromiso real con partidas concretas para apoiar a organización do Xacobeo

O Goberno galego destaca a necesidade de coñecer o orzamento concreto para organizar coa antelación suficiente as accións de promoción e programación neste ano e no 2022

03/03/21 | 15:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza unha webinar informativa sobre o Plan de Hostalería Segura na que participan un milleiro de profesionais

A directora de Turismo de Galicia e o presidente do Clúster Turismo de Galicia participaron no encontro telemático para resolver dúbidas sobre os requisitos que os hostaleiros teñen que cumprir no marco do Plan de Hostalería Segura

03/03/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina mais de 467.000 euros ao novo albergue de Ferrol, situado nun dos puntos de saída do Camiño Inglés

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe Casa do Mar, situada no porto de Ferrol, onde estará ubicado o novo albergue

03/03/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Javier Arias destaca que a Xunta vén de abrir dúas liñas de axudas para apoiar a actividade das axencias de viaxes

O delegado territorial de Lugo explicou que a Administración autonómica destina 3,6 millóns de euros a colaborar co sector na promoción de Galicia, fomentar a transformación dixital dos negocios e financiar gastos de alugueiros e hipotecas

26/02/21 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Covelo para a creación da primeira área de autocaravanas do municipio cunha axuda de 30.000 euros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou a nova infraestrutura turística acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López

26/02/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que as obras de mellora nas fachadas dos colexios de Fonseca e San Xerome completarán a renovación do Obradoiro, "un dos puntos de encontro máis importantes de Europa occidental"

Precisa que esta actuación, que conta cun prazo previsto de execución de tres meses, incluirá traballos tanto nas cubertas como nos paramentos verticais e na carpintería exterior, co obxectivo de mellorar a súa integridade

24/02/21 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza que as obras de integración paisaxística do Camiño Francés entre O Tangueiro e San Lázaro estarán rematadas en abril, logo dun investimento autonómico de 1 M€

O Goberno galego leva tempo traballando arreo para aproveitar ao máximo esta oportunidade histórica de ter un Xacobeo que se estende ata 2022