Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Lingua:

16/04/21 | 11:33 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o reto de Galicia é lograr que os fondos europeos cheguen a toda a cadea de valor da industria asegurando un crecemento sostible

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no encontro dixital ‘APD Live’

15/04/21 | 19:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta planifica co sector do ocio nocturno o proceso de desescalada cando a situación sanitaria o permita

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe nunha reunión con representantes do sector na que se abordou a posibilidade de reapertura se a evolución dos datos da covid-19 sigue mellorando

15/04/21 | 16:25 | C. de Economía e Industria
15/04/21 | 15:31 | C. de Economía e Industria

Galicia activa un novo programa financeiro dotado con 30 M€ para achegar apoio ás empresas e contribuír á súa transformación

Feijóo destaca que a liña de transformación incidirá no impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade

14/04/21 | 19:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta está aberta a unha intervención temporal de Au Ibérica por parte da Sepi para facilitar a entrada dun investidor solvente cun proxecto a longo prazo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta no Parlamento que o Goberno galego seguirá ao lado dos traballadores da planta da Coruña na procura dunha alternativa que ofreza emprego estable e de futuro

13/04/21 | 13:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta aproba o refinanciamento dos préstamos achegados a empresas e autónomos para facilitar a súa solvencia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para a solicitude de renovación ou nova formalización de créditos, débedas e garantías, que estará aberta desde mañá ata final de ano

13/04/21 | 12:36 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que os concellos poderán axilizar a aprobación de licenzas coas mesmas garantías xurídicas e técnicas que ata agora a través das entidades de certificación municipal

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta maña en Lugo un encontro informativo cos alcaldes da provincia para explicar os detalles da nova Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia

13/04/21 | 11:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria para solicitar a partir de mañá as axudas do Bono Enerxía Peme e Comercio

Esta medida, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, mobilizará ata 5M€ e vai dirixida aos sectores máis afectados pola pandemia