Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

21/06/21 | 11:02 | C. do Medio Rural

A Xunta eleva ata os 6,7 M€ o orzamento destinado ás primeiras axudas convocadas para impulsar a boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común

Coa finalidade de atender a ampla demanda xerada por esta primeira convocatoria, o presuposto para estas achegas increméntase nun total de 5,2 millóns de euros, permitindo case quintuplicar os 1,5 millóns iniciais publicados o pasado mes de febreiro

20/06/21 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia o deporte galego entregando cerca de 9.000 minibricks de leite da marca galega 100% entre as federacións da comunidade

A marca Galega 100% recoñece o leite de produtores galegos cun status sanitario superior ao esixido pola lexislación sectorial

19/06/21 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta recibe este ano máis de 600 proxectos para a dinamización do agro a través de dos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia

Os proxectos foron presentados na última convocatoria de axudas que están enmarcadas no Plan Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020

19/06/21 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello do Irixo medidas para a recuperación da terra agraria da zona

O conselleiro do Medio Rural mantivo un encontro telemático co rexedor do concello acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

18/06/21 | 17:12 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Estado constitúen unha comisión interdepartamental para mellorar a sustentabilidade do agro na Limia

Inés Santé apuntou á necesidade de mellorar a xestión das dexeccións gandeiras e o regadío no marco do Plan estratéxico do sector agrario da Limia, analizando a situación actual e buscando solucións entre ambas administracións

17/06/21 | 17:15 | C. do Medio Rural

A Xunta despraza mañá técnicos da Evega a Chantada para asesorar en coordinación coas oficinas agrarias comarcais aos viticultores afectados polo pedrazo

Os profesionais da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía e das OAC encargaranse de orientar aos produtores prexudicados pola treboada da pasada tarde sobre os tratamentos que deben levar a cabo nos viñedos con maior celeridade, para minimizar as perdas

16/06/21 | 14:33 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao futuro centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais, no pazo de Quián, como un espello da Galicia rural, viva, próspera e verde “na que cremos”

Subliña que as 100 hectáreas que envolven o complexo conciliarán as visións dun territorio ordenado, coidado e fértil en produtos de calidade

16/06/21 | 11:51 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza a tecnoloxía e a dixitalización como pezas clave no futuro do medio rural galego

Inés Santé puxo en valor varios proxectos tecnolóxicos que desenvolve a Consellería do Medio Rural en canto á ordenación e xestión do territorio

16/06/21 | 09:57 | C. do Medio Rural

A Xunta e Oviganic Ibérica impulsan o sector ovino e cabrún en Galicia coa sinatura dun acordo para a compra do leite que produza este gando na nosa comunidade

O Goberno galego e a empresa lucense comprométense a traballar para incrementar o número de explotacións de ovino e de cabrún na nosa comunidade e para asegurar a viabilidade dos proxectos de industrialización asociados, apostando pola transformación estable en Galicia