Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

20/01/22 | 10:22 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 77.236 casos activos por coronavirus

Un total de 278.447 pacientes xa están curados

19/01/22 | 11:41 | C. de Sanidade

Un total de tres empresas presentan ofertas para o subministro de catro equipos de mamografía dixital dotados da tecnoloxía 3D, nos que a Xunta investirá 1,2 millóns de euros

Irán destinados ás áreas sanitarias de Santiago e Barbanza, A Coruña e Cee e á de Vigo, para o cribado mamográfico do Programa galego de detección precoz do cancro de mama

18/01/22 | 10:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 73.688 casos activos por coronavirus

Un total de 268.742 pacientes xa están curados

17/01/22 | 14:21 | C. de Sanidade

O CIS Olimpia Valencia elevará por riba dos 20 millóns de euros o investimento da Xunta en centros de atención primaria en Vigo dende 2009

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, expuxeron os detalles do contrato de obra cuxa licitación se publica hoxe

17/01/22 | 13:40 | C. de Sanidade

Constitúese a Spin-Off Diversa Technologies coa participación do Sergas e a Fundación Idis e dirixida ao desenvolvemento de medicamentos avanzados

As spin-off son iniciativas empresariais promovidas por investigadores e que se crean pola Administración Sanitaria para explotar novos procesos, produtos ou servizos baseados en coñecementos ou tecnoloxías que proveñen da actividade dos seus investigadores

17/01/22 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor visita as obras de mellora realizadas no centro de saúde da Pobra do Caramiñal que contaron cun investimento de máis de 45.000€

O proxecto tivo un orzamento de máis de 45.000 euros e foi financiado a partes iguais pola Xunta e polo Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal

17/01/22 | 11:21 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 51 persoas por 39 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 14 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 16 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 52 chamadas por accidentes de tráfico

17/01/22 | 11:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 72.573 casos activos por coronavirus

Un total de 265.149 pacientes xa están curados

14/01/22 | 12:19 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia construirá en Vilagarcía un novo centro de saúde que aumentará nun 55% a superficie do actual

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz, asinaron o convenio definitivo para a cesión ao Sergas dunha parcela libre de cargas

14/01/22 | 10:26 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 64.781 casos activos por coronavirus

Un total de 251.583 pacientes xa están curados