Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

10/04/20 | 11:59 | C. do Medio Rural

Galicia reclama medidas fiscais inmediatas de apoio ao sector primario para facer fronte ás súas dificultades polo estado de alarma

Rosa Quintana e José González reiteran a lealdade institucional da Xunta co Goberno central, pero piden ao tempo que se teñan en conta as comunidades autónomas para adaptar aos distintos territorios as medidas aprobadas

08/04/20 | 14:00

A Xunta lanza unha campaña para animar á cidadanía a consumir produtos do mar en resposta ao esforzo do sector extractivo durante a crise do coronavirus

Esta acción, desenvolvida baixo o lema ‘Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco’, pretende impulsar a demanda e os prezos dos produtos pesqueiros así como recoñecer a entrega e esforzo dos profesionais do mar

06/04/20 | 13:03

Portos de Galicia flexibiliza o pago das taxas nos peiraos autonómicos ante o estado de alarma para aliviar a situación económica dos seus usuarios

O ente público amplía ata finais de mes o prazo voluntario de pago daqueles impostos que vencesen a partir do 18 de marzo e adía a emisión de facturas por taxas portuarias ata dous meses despois de que remate o estado de alarma

01/04/20 | 16:02

A Xunta agradece a suma do Ministerio ás teses mantidas desde Galicia sobre o dereito do sector pesqueiro a acollerse a regulacións temporais de emprego ante a crise do coronavirus

Esta posibilidade está prevista no real decreto-lei aprobado polo Estado de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 e a Consellería do Mar emitiu hai unha semana unha interpretación favorable ao respecto

01/04/20 | 12:02

Galicia pide ao Estado que aclare se o marisqueo é unha actividade esencial e que facilite o acceso do sector ás medidas compensatorias ante o peche de facto das canles comerciais

O Goberno galego cifra en máis dun 96% o descenso da facturación do sector desde que se decretou o estado de alarma ante a falla de alternativas para colocar os moluscos bivalvos extraídos, o que constata e cuantifica o peche das canles de venda do produto

28/03/20 | 12:48

A Xunta traslada ás embaixadas españolas en terceiros países as dificultades da frota galega polo coronavirus para que contribúan a manter a súa operatividade

Entre os obstáculos que se atopa o sector que faena en augas estranxeiras está a imposibilidade de facer o relevo de tripulantes debido á corentena e ás restricións de viaxe no período de emerxencia do Covid-19

27/03/20 | 14:19

Galicia traslada ao Estado o seu apoio e lealdade na demanda a Bruxelas de medidas económicas para o complexo mar-industria ante a crise do coronavirus

A Xunta considera insuficiente e ineficaz a primeira proposta da Comisión Europea para apoiar ao sector e demanda unha resposta efectiva da Unión Europea a unha actividade que subministra alimento de calidade

27/03/20 | 12:16

A campaña ‘Vai de Peixe’ suspende provisionalmente o concurso ‘Vaidetáper’ debido ao estado de alarma decretado polo coronavirus

O actual contexto de confinamento impide que se dean as circunstancias necesarias para a normal celebración desta iniciativa

23/03/20 | 19:29

Galicia dota ao sector marisqueiro das ferramentas necesarias para acceder ás prestacións por cese de actividade habilitadas polo Estado ante o coronavirus

Un informe da Xunta mostra que a caída da facturación marisqueira na comunidade é superior ao 77%, por enriba do 75% que fixa o Goberno central para percibir compensacións económicas polos efectos da alerta sanitaria

23/03/20 | 18:19

A Consellería do Mar cede aos bombeiros de Ferrol tres habitacións e unha sala da escola náutico-pesqueira durante o estado de alarma decretado polo coronavirus

O obxectivo é evitar o risco de contaxio polo Covid-19 entre os profesionais deste servizo esencial para a cidadanía