Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

07/03/22 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
07/03/22 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva a Ribeira a exposición de fotografías Enredadas sobre a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, visitaron esta mañá a mostra, que estará aberta ao público no Mercado Municipal ata o 17 de marzo como parte do programa de actividades do Concello de Ribeira para celebrar o 8 de marzo

07/03/22 | 11:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o compromiso cos servizos educativos en Salvaterra de Miño cun investimento de 1,4 M€ concentrado en dous anos

Subliña que a ampliación dos talleres do instituto responde á aposta da Xunta por impulsar as ensinanzas de FP, coa dotación de infraestruturas modernas e innovadoras

06/03/22 | 12:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta galardoa cos Premios Fin de Carreira a seis titulados de música, deseño, arte dramática e conservación e restauración de bens culturais

Todos eles remataron os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020-21 en centros públicos de Galicia

06/03/22 | 11:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o impulso da literatura galega no exterior coa incorporación de cinco novos autores ao portal especializado Pórtico of Galician Literature

En virtude do acordo con esta publicación que conta con usuarios procedentes de máis de 130 países, véñense de incluír obras dos escritores Xesús Fraga, Santiago Lopo, Lito Vila Baleato, Luísa Villalta e An Alfaya

05/03/22 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe a poñer en valor o patrimonio e consolidar a oferta turística de Cerdedo-Cotobade co novo centro cultural e turístico Antonio Fraguas

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inauguraron a reforma e restauración do antigo cine-baile da parroquia de Carballedo, unha obra na que a Xunta investiu 350.000 euros

05/03/22 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo entregan os galardóns do seu novo premio para estudantes da ESO e Bacharelato

Os premios na categoría individual e colectivo foron parar ao instituto IES Eduardo Pondal de Ponteceso polos traballos de Hadrián Félix Neira Varela e do grupo ‘O Clan dos Pedrayo’

 

04/03/22 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Quince alumnos do CIFP Carlos Oroza inician este mes as súas prácticas da FP dual en hoteis de Galicia, Madrid, Barcelona e Sevilla

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou este mediodía os dous ciclos formativos duais de hostalería deste instituto pontevedrés, que ofrece esta modalidade educativa na cidade xunto co IES Luis Seoane

04/03/22 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC convida a percorrer a historia da arte máis recente a través de obras incorporadas a súa colección nas dúas últimas décadas

Con pezas de máis de 20 artistas, esta iniciativa da Xunta volve situar os fondos do museo como eixe imprescindible e central do traballo ao igual que xa fixo con mostras no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, e no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

04/03/22 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e Francia impulsan a colaboración en proxectos educativos, lingüísticos e culturais

A Xunta asina convenios coas Région Académique Hauts de France e Région Académique Bretagne para intercambios de alumnado e profesorado e a posta en común de boas prácticas