Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

23/03/21 | 18:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O COAG colaborará na definición das directrices que guiarán o Plan de nova arquitectura pedagóxica da Xunta de Galicia

Román Rodríguez inicia unha rolda de contactos para avanzar no deseño dun modelo de colexios poscovid que responda aos retos de futuro da educación

22/03/21 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O primeiro estudo de contabilidade social da Cidade da Cultura estima que xera un valor anual na sociedade de 24 M€

Román Rodríguez destaca que este traballo “pioneiro en Galicia, permitiranos ter unha fotografía, máis completa e con base académica, do que estamos a aportar á cidadanía, así como axustar as nosas liñas de traballo aos nosos obxectivos”

20/03/21 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta que o Plan de nova arquitectura pedagóxica supón un cambio de concepto nos centros escolares ao servizo dos retos educativos do futuro

Tras a súa aprobación por parte do Consello da Xunta, avanzou que se abrirá agora unha rolda de contactos para enriquecer e consensuar o Plan, que será a folla de ruta para os novos colexios e institutos na etapa poscovid

19/03/21 | 11:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre unha nova convocatoria para que as universidades opten ao selo de excelencia dos seus másters universitarios

Esta distinción acredita a solvencia técnico-científica dos estudos que a acaden e supón unha garantía de calidade para o alumnado

18/03/21 | 17:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de preto de 1M€ na rehabilitación integral do colexio de Portonovo en Sanxenxo

A actuación desenvolverase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para todas as obras que se realicen en instalacións educativas a medio prazo

18/03/21 | 15:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza as liñas do Plan de nova de arquitectura pedagóxica que estará dotado con 191 millóns de euros ata 2024

Precisa que todas as obras que executen nese período quedarán suxeitas a estas normas

18/03/21 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense pon en valor o ensino no rural na súa visita ao CEIP Roberto Blanco Torres da Peroxa

Felicita á comunidade educativa polo seu traballo para garantir a seguridade sanitaria no centro educativo

17/03/21 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que Galicia contará co primeiro Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas

O Plan, que será aprobado no Consello da Xunta de mañá, é unha iniciativa pioneira para implantar un novo modelo arquitectónico ao servizo dos proxectos educativos que reforce os colexios e escolas na etapa poscovid

15/03/21 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a sinatura dun convenio de financiamento a 3 anos co Campus Industrial de Ferrol para abordar os novos retos como campus especializado

Valora o compromiso do campus co futuro da comarca, converténdose no primeiro acreditado do Sistema Universitario Español e o primeiro especializado na industria naval