Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

10/04/21 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda percorre o Camiño Inglés e lembra que Galicia é un destino seguro para turistas e peregrinos

O vicepresidente primeiro da Xunta destacou que facer o Camiño é seguro e que a comunidade está preparada para recibir aos viaxeiros cando se recupere a mobilidade

10/04/21 | 09:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 650 empresas turísticas están adheridas xa á nova edición do bono turístico #QuedamosenGalicia21

Os establecementos turísticos comezaron a subir os seus produtos ou paquetes turísticos á web de Turismo de Galicia

08/04/21 | 19:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A mostra "Arquitectura da auga" destaca o peso do Camiño como eixe vertebrador do territorio na contorna de Santiago

A exposición recolle o resultado das investigacións e o traballo de campo realizado en cinco localidades de cinco camiños de peregrinación a Compostela

07/04/21 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na rehabilitación do mosteiro de Santa María de Sobrado para crear un novo albergue no Camiño do Norte

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a reforma que permitirá mellorar a acollida dos peregrinos nesta ruta e a recuperación dun edificio considerado Ben de Interese Cultural

05/04/21 | 18:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca a aposta da Xunta pola “dinamización do turismo e a potenciación das zonas naturais” na súa visita á mellora e embelecemento dos accesos ás Insuas de Gres

O delegado territorial visita esta actuación co alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, financiada pola Axencia Turismo de Galicia por un importe de máis de 35.000€

04/04/21 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lanza a actualización da app enoturismo en Galicia para invitar a descubrir os recursos enoturísticos do territorio

A renovada aplicación móbil ofrece máis de 200 recursos turísticas das cinco Rutas do Viño de Galicia e pode descargarse de balde para teléfonos Android e IOS

31/03/21 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta a Afundación presentan a mostra 'Galicia, a un paso de ti' para invitar aos galegos a redescubrir o seu territorio

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, inauguraron hoxe a mostra, que estará en Santiago de Compostela ata o 15 de maio

31/03/21 | 08:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Turislab abre o prazo de inscrición para captar proxectos innovadores con aplicación no sector turístico galego

A primeira Aceleradora galega especializada en Turismo habilita o seu proceso de admisión de propostas desde o 30 de marzo ata o 28 de abril, ambos inclusive

30/03/21 | 16:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita á ministra de Turismo, Reyes Maroto, a visitar Galicia para presentar o Plan Nacional do Xacobeo anunciado polo Goberno

O documento concretará os prazos e os orzamentos estatais para o Ano Santo 2021 e a súa ampliación ao 2022

29/03/21 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta o potencial da Semana Santa de Ferrol no atractivo de Galicia como destino turístico

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de presentación desta celebración declarada en 2014 Festa de Interese Turístico Internacional, a máxima distinción no ámbito turístico