Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

16/05/20 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende que se eliminen as franxas horarias e as limitacións ao municipio na práctica deportiva

O Goberno galego entende que, xa na fase I, deben levantarse estas limitacións que non están vixentes para outras actividades sociais

16/05/20 | 11:45

A Xunta mellorará a coordinación e a seguridade dos vixilantes das confrarías de pescadores con equipos de xeolocalización

A medida, que xa lle foi trasladada aos presidentes das federacións provinciais e galega de confrarías, inclúese na orde de axudas para proxectos colectivos do sector pesqueiro de protección e recuperación da biodiversidade mariña

14/05/20 | 16:13

A Xunta analiza coas federacións de confrarías e as asociacións de bateeiros melloras na xestión da extracción da mexilla e do percebe

As propostas que xurdiron deste encontro para o presente e para o futuro serán expostas polas federacións de confrarías e asociacións de bateeiros aos seus socios para a súa aprobación

13/05/20 | 17:16

Galicia elaborará un plan para mellorar e reorientar a comercialización dos produtos do mar ante a crise do coronavirus

O obxectivo desta ferramenta é apoiar á cadea mar-industria ante as dificultades derivadas da COVID-19 como a caída das vendas á hostalería, ata agora con nula actividade, e o impacto sobre as exportacións

13/05/20 | 12:42

A campaña 'Vai de Peixe' anima aos 'millennials' galegos a escribir relatos curtos sobre os produtos do mar mediante o concurso 'Vai de Letras'

Esta iniciativa, que coincide no seu lanzamento coa semana de celebración do Día das Letras Galegas, pretende incentivar a creatividade da xente nova e ampliar o seu coñecemento sobre os recursos mariños de Galicia

12/05/20 | 20:07 | A Presidencia da Xunta

Feijóo constata o labor fundamental dos profesionais do mar no abastecemento de alimentos de calidade á cidadanía durante a crise do coronavirus

Os profesionais do sector fixeron un importante esforzo para manter o nivel de actividade coa estrita aplicación das medidas de prevención ditadas polas autoridades sanitarias ante a alerta da COVID-19

09/05/20 | 12:17

A Xunta agradece ao Estado a aclaración sobre os requisitos para facilitar a circulación dos tripulantes de buques, extensivos ao sector marítimo-pesqueiro

Nunha carta de resposta a outra da Consellería do Mar, a Dirección Xeral da Mariña Mercante aclara que esta normativa derivada da situación orixinada polo coronavirus pode interpretarse como extensiva ás tripulacións dos buques de pesca, marisqueo e auxiliar de acuicultura

07/05/20 | 11:56

A Consellería do Mar reformula ‘Vai de Peixe’ para adaptar a campaña á actualidade derivada da situación provocada polo coronavirus

Neste mes e en xuño desenvolverá, coa colaboración dos catro ‘influencers’ da iniciativa, accións como charlas, concursos, retos e sorteos adaptados á situación en vigor

06/05/20 | 10:30

A Xunta reforza coas grandes cadeas de distribución a campaña para animar á cidadanía a consumir produtos do mar e impulsar os seus prezos durante a crise do coronavirus

Desde esta semana esta acción, desenvolvida baixo o lema ‘Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco’, está presente nos puntos de venda galegos dos grupos Froiz, Gadisa, Carrefour, Vegalsa-Eroski e El Corte Inglés

05/05/20 | 18:52

Galicia autoriza a pesca marítima recreativa atendendo ás condicións do Estado sobre a práctica deportiva na situación de alerta sanitaria polo coronavirus

Así o acordou hoxe o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria en Galicia (Cecop)