Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

04/05/21 | 13:56 | C. de Economía e Industria

As entidades galegas que participaron no programa europeo H2020 captaron máis de 168 M€ entre 2014 e 2020, un 93% máis que no anterior programa marco

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, subliñou este dato na súa visita á empresa TripleAlpha, que obtivo unha axuda da Xunta para preparar unha proposta para este programa

04/05/21 | 13:43 | C. de Política Social e Igualdade
04/05/21 | 11:53 | C. de Economía e Industria

Conde avoga por colaborar cos concellos no marco da Lei de reactivación económica para axilizar a tramitación administrativa e impulsar a recuperación

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza cos alcaldes da comarca de Vigo para informar da nova normativa, que outorga un papel protagonista ás administracións locais

04/05/21 | 11:44 | C. de Economía e Industria

Gabriel Alén explica as axudas da Xunta para a renovación dos electrodomésticos nos fogares

O delegado territorial destacou que achegas poderán alcanzar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, e o 75% para os máis vulnerables

04/05/21 | 11:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 244 plans de internacionalización de pemes galegas en case 60 países

As axudas achegadas a través da última convocatoria resolta do Galicia Exporta Empresas ascenden a case 6M€

03/05/21 | 14:04 | C. de Economía e Industria

A Sociedade impulsora nace co obxectivo de contribuír á maduración dos proxectos estratéxicos para Galicia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e os conselleiros de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, e do Medio Rural, José González, participaron esta mañá na reunión constitutiva

03/05/21 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta creará unha rede de información provincial para que os concellos poidan coñecer con anticipación os futuros proxectos eólicos

Conde apunta que o obxectivo é que as administracións locais coñezan as características de cada proxecto sen prexuízo das alegacións que este organismo, así como calquera outra persoa ou entidade da zona, poida presentar no trámite de exposición pública ordinario

30/04/21 | 16:39 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada á vicepresidenta Nadia Calviño a oportunidade dos fondos Next Generation para modernizar a economía e contribuír a paliar os efectos da crise industrial e da transición enerxética

Incide en que a reconstrución económica do país pasa por que se financien as mellores iniciativas: “Non pode haber ningún outro criterio de selección que non sexa o de elixir proxectos solidamente construídos, que traian financiamento privado e que supoñan a creación de emprego con vocación de permanencia”

30/04/21 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a Hifas da Terra na implementación de procesos intelixentes na produción de complementos nutricionais

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu hoxe á presentación do proxecto NutriGen 4.0, que desenvolverán conxuntamente a empresa de biotecnoloxía Hifas da Terra e o centro tecnolóxico Anfaco

29/04/21 | 13:33 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que dixitalización e sustentabilidade son o binomio que vai marcar o desenvolvemento industrial de Galicia

Destaca que a transición ecolóxica non pode entenderse sen a transformación dixital dos nosos sectores produtivos