Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

11/03/22 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Biblioteca Nacional estrean no museo Gaiás unha exposición sobre o impacto do Camiño de Santiago na construción da cultura europea

‘Xacobeo. As pegadas do Camiño’ reúne 200 pezas históricas entre cartografía, manuscritos ou códices medievais, entre outras

11/03/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora con Fondation Amigo para facilitar a incorporación de alumnos de FP básica do CIFP Politécnico de Santiago á modalidade dual

Este curso xa se benefician nove alumnos do ciclo de Carpintaría e moble, que realizarán formación en outras tantas empresas

10/03/22 | 17:04 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega amplían a colección Clásicos da Emigración cunha obra pioneira nos estudos sobre América

O tratado desta investigadora foi novidoso nos estudos sobre América e os vínculos coa emigración galega dende os séculos XVI ao XIX

10/03/22 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
10/03/22 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As intervencións impulsadas pola Xunta en colaboración coa USC nas cavidades de Cova Eirós constatan novos períodos de ocupación nunca antes rexistrados

As 50 moedas romanas achadas na Cova das Cabras permite documentar que a cavidade xa estaba ocupada na segunda metade do século IV d.C.

10/03/22 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta unha visión contemporánea do teatro medieval galego e portugués coa nova edición do ciclo ‘Clásicas desfeitas’

A iniciativa desenvólvese ao abeiro do programa de residencias artísticas do Gaiás para apoiar o talento e levar o teatro máis aló das táboas tradicionais, ocupando espazos arquitectónicos naturais para a creación escénica

10/03/22 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC ofrece unha mirada sobre a relación histórica e artística entre España e Perú coa mostra ‘Buen Gobierno’ de Sandra Gamarra

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición da creadora peruana producida pola Comunidade de Madrid para a Sala Alcalá 31

Poderase visitar en diferentes espazos do Centro Galego de Arte Contemporánea desde mañá ata finais de maio

10/03/22 | 12:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remata a renovación de servizos, equipamentos e medidas de seguridade no auditorio municipal de Crecente

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, supervisaron esta actuación, realizada a través dun convenio entre ambas administracións cun investimento de 35.000 euros

10/03/22 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca que a Xunta reforza este ano o seu apoio á cultura con medidas para retomar o crecemento do sector

O delegado territorial de Lugo visitou a Sala Tebras, un dos locais beneficiarios da convocatoria de axudas para a programación musical do Xacobeo

10/03/22 | 10:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia o proceso para declarar BIC unha moeda do século I antes de Cristo, da que só se coñecen tres exemplares no mundo

A peza coñecida como Sestercio de Augusto, atópase en Galicia nunha colección particular, e púidose empregar para facer fronte aos gastos das Guerras cántabras